12 de mar. de 2014

JOSE PEPE: ¿UN APOSTOL DO SECULO XXI OU, QUIZAIS, UN CHARLATAN MEDIATICO?

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Coincidiredes  comigo, queridos amigos, en que o galego é moi rico en ditos e frases feitas e que  describen,
 á perfección, a particular idiosincrasia do  noso pobo e  cultura; de todas esas expresións galegas hai unha,  que  seguro todos algunha vez temos usado, e que, persoalmente, penso que venme a perfección para definir os artigos do noso “admirado” Jose Pepe e non é outra  que aquela que di: “non eres mais parvo porque non entrenas”. 
É  totalmente certo: cando penso que un artigo do noso escribidor “favorito” acadou o cima da estupidez humana e xa nada o pode superar , chega a semana seguinte e, como o funambulista do circo que intenta  “ el mais difícil todavia”, vai este home e publica algo mais  ridículo aínda. 
Recoñezo que, despois de levar un certo tempo lendo a
este  “modélico” ex funcionario municipal, xa debería estar inmunizado ante  tal sarta de  bobadas, pero é que o derradeiro artigo que publicou merece entrar, por méritos propios, nos anais das maiores burradas escritas por este home e, simplemente, non se pode definir mais que como un insulto á intelixencia e o razoamento humano.
A continuación póñovos  un extracto  de dito artigo e  xúrovos pola vida dos meus  fillos que o transcribo tal como está publicado, sen quitar nin poñer unha  soa coma, por favor lelo con atención porque non ten perda: 
CRECED Y MULTIPLICAOS
Esto nos dice el Creador, o sea Dios, por medio del Génesis, primer libro del Antiguo Testamento, como saben todos los seres humanos con un mínimo de instrucción, sin distinción de sexo, ideología, etcétera, salvo que se quiera optar por la ignorancia o desprecio de tal conocimiento, y en ese mandato divino se ve con meridiana claridad que el género humano fue creado para perpetuarse a través de la procreación, posible únicamente por medio de la unión carnal del hombre y la mujer, en un acto de amor
que conjuga el deseo placentero y la perpetuación de la especie humana a que antes aludimos. Aceptado este principio de vida, concluiremos que la interrupción voluntaria del desarrollo y consiguiente alumbramiento del ser concebido supone una transgresión deliberada del mandato dado por el Autor de la vida, y, por lo tanto, quienes en uso de su exclusiva voluntad cometen tal atentado serán, lógicamente, reos de la justicia divina.
Aínda que non o creades, queridos lectores, isto escribiuno unha persoa en pleno século XXI  e,  ante a lectura de tal comentario, soamente se me ocorre preguntar que tipo de bebida “espirituosa” (i en que cantidade) tomou o noso “ilustre” veciño para chegar a tal “misticismo” . O mais gracioso do tema é que Jose Pepe fala de: “los seres humanos con un mínimo de instrucción (...) salvo que se quiera optar por la ignorancia o desprecio de tal conocimiento” para, a
continuación, basearse   nun libro como a biblia que entre outras cousas desafía todas as leis da ciencia en xeral y en concreto  ( e para mostra  algúns  exemplos sacados da propia biblia):
Desafío da propia  bioloxía humana: na biblia descríbenos (Xénese, 5-27) que Matusalén viviu 969 anos, batendo así todos os records de lonxevidade dentro do Reino Animal.
Desafío  das leis da física:   Xesús camiñando sobre as augas (Mateo, 14, 22 -23), si isto fose  realmente certo non sei que espera o Vaticano para pedir para o mesías o titulo honorífico de primeiro surfista da historia 
Desafío das leis da química: a conversión do auga en viño nas vodas de Caná (Xoán 2 1 -13); sempre tiven a curiosidade de saber si o viño resultante de tal conversión,
era branco ou tinto, e de ser branco ¿cabe a posibilidade de que fose albariño? mira por onde acabo de darlle a Aragunde unha escusa para viaxar de turismo a Galilea a defender tal teoría (a conta, iso si, como fai sempre,  de tódolos cambadeses).   
E, como non, Desafío da propia teoría da evolución de Darwin: o home procede directamente de Adan i Eva (Xéneses, 2: 15); neste caso o que sempre expúxome dúbidas é  o seguinte:  si Adan i Eva tiveron soamente  tres fillos varóns (Caín, Abel e Set) ¿como foi posible a procreación e posterior descendencia? Aínda hoxe non atopei ningún crente (cristián ou xudeu) que mo puidese explicar. 
Estas son, soamente, unha mínima parte de todas as incongruencias que se poden atopar, no que parece ser, o libro de cabeceira de Jose Pepe, incongruencias que cando se lle expoñen aos  católicos e pídelles que che deán unha explicación racional    sempre respóndenche co seu comodín favorito..... “es cuestión de fe” (está claro que á fe non so move montañas senón que tamén  saltase todas as leis científicas).
Por certo antes de seguir a adiante e como xa me vin nesta tesitura,  fai un tempo atrás, cando defendín, neste mesmo blog, que Xesucristo era homosexual (cousa na que
me  sigo reafirmando por certo) e recibindo moitas críticas por elo, como si o feito de ser homosexual  fose  un pecado,  unha enfermidade ou algo do que houbera que avergoñarse  (persoalmente penso que os enfermos son os que pensan tal cousa), vou deixar ben clariño que teño o máximo respecto polo cristianismo, ao igual que o teño polo islamismo, o hinduísmo ou pola relixión que practica calquera tribo perdida  no corazón de África ou Oceanía ; cada quen é moi libre de crer o que considere oportuno e merece todo o meu respecto, respecto que pido tamén para as  miñas non crenzas;  eu non son crente e, por tanto, para min, as relixións, absolutamente todas as relixións, non deixan de ser un produto da imaxinación e a superstición  humana; podería estar horas falando de teoloxía porque é un tema que me apaixona  pero non é o tema que hoxe nos ocupa así que  volvamos con Jose Pepe .................
Este extracto que vimos de reproducir, retrátanos moi ben quen é Jose Pepe: non é un católico como se auto definiu el mesmo, non fai moito tempo, nun artigo senón un  fanático relixioso, un verdadeiro talibán. Persoalmente, eu podo respectar algunhas posturas dos antiabortistas, aínda que non as comparta, como, por exemplo,  que consideren que hai vida dende o momento mesmo da concepción, ou, nun alarde de comprensión infinita pola miña parte, tamén respectar a postura que defendía non fai moito tempo a presidenta nacional da Federación de Asociacións Provida de España
de que a masturbación é unha forma mais de crimen, aínda que elo nos converta ao 99´9 % dos varóns nunha especie de “asasinos en serie ” (deixo fora desta porcentaxe aos mancos de ambos brazos por razóns obvias);   pero  que, para condenar o aborto, Jose Pepe  recurra, non xa,  á nosa xurisprudencia (presente ou futura) senón a “justicia divina” dun  suposto ser superior, dáme motivos para preocuparme seriamente polo saúde (mental, entendese) do meu “ilustre” veciño; por non falar de que prodúcese un claro agravio comparativo no sentido de que, os que son crentes, non violaran esta lei dado que Deus e a súa cólera poden ser o xuíz mais implacable que poderían atopar mentres que, por outro lado,  os ateos e agnósticos nada deberían temer por infrinxir dito precepto dado que non recoñecen dita “autoridade xudicial”.   Está claro  que Jose Pepe, ante a falta de argumentos “terreais”, para rexeitar o aborto, soamente quédalle recurrir a “axuda divina”. 
Tamén quería destacar unha frase que sae no referido artigo e que non se recolle no extracto que vimos de ler  e que,   concretamente,  di: “el aborto es un acto contra natura, independientemente de creencias religiosas o de otro tipo, y por tanto es repudiable”.
Como sempre, Jose Pepe,  nos seus comentarios amosa unha ignorancia digna de mención: pode que o aborto sexa un acto contra natura pero (e Jose Pepe debería sabelo si cultivara soamente un pouquiño o
intelecto)   dende os albores da civilización o home sempre  foi contra natura e, na maioría dos casos, elo supuxo unha avance para a humanidade porque, por exemplo, ¿acaso hai algo mais contra natura que extraerlle  o corazón a un recen falecido e implantarllo a outra persoa, con deficiencias cardíacas, para que siga vivindo? Que lle pregunten aos millóns de transplantados de corazón dende que Christiaan Barnard, en 1967 realizou o primeiro transplante (e que  grazas a elo puideron seguir vivindo)  que opinan de ir contra natura. 
Do mesmo modo que contra natura é a experimentación  con células nai e que ven sendo a salvación para moita xente que,    por  herdanza xenética, estaba condenada a sufrir enfermidades que os abocaban a unha vida en pésimas condicións, cando non a unha morte segura. 
Igualmente a creación de  vacinas en laboratorios poden considerarse ir contra natura, pero grazas a iso reduciuse, drasticamente, a mortaldade da poboación mundial fronte a enfermidades que antes eran verdadeiras pragas. 
A modo de resumen podería dicirse que si  a medicina avanzou, co paso do tempo, foi, precisamente,  por ir contra natura .............
  Así que xa sabes, Jose Pepe, a próxima vez intenta buscar argumentos mais sólidos cando queiras defender as túas  posturas,  como, neste caso, o rexeitamento do aborto   senón, quedarás como un “ignorantiño”  ti, por certo, que  sempre  vas de culto e de ilustrado.        
De todos modos temos que dar grazas ó destino de que Jose Pepe nacese no século XX porque, si en vez desta época, chega a nacer, por exemplo, no século XV, en plena Inquisición Española,  ó seu carón, o mesmísimo  Torquemada seria un “neno da teta”.   

Que  Jose Pepe teña que recurrir a motivos relixiosos para intentar defender unha lei xurídica dentro, por certo,  do marco dun estado aconfesional como é España, lémbrame moito aos países islámicos mais radicais  onde,  ambos conceptos, política e relixión mestúranse en moitas ocasións, sen saber  onde empeza un e onde acaba outro; de seguro que, en ditos países, Jose Pepe sentiríase como peixe no auga . 
Para rematar debo confesar que, dende que Jose Pepe
colabora en “Diario de Arousa” non podo evitar botar a vista   tempo atrás, algo mais  duns 20  anos , cando daquela desexaba que chegase o venres para ver na televisión, non  a Gayoso e o seu Luar precisamente, senón  a película porno  do Canal Plus e da, entonces, Tele Salnés (¡recoñézoo!  ¡era un pervertido !); hoxe en dia, tamén desexo que chegue o dia da semana que os romanos dedicaban a Venus para tamén gozar da  luxuria e a provocación que, en moitos casos, suponme a lectura do noso querido escribidor; de feito estou comezando a ver a Jose Pepe como unha especie de Nacho Vidal ou Rocco Siffredi das letras, o que  non sei, se  tamén, coma eles,  con 25 cms. de “talento artístico”    
UN SAUDO A TODOS

                     RICARDO DOMINGUEZ REY    

Ningún comentario: