12 de mar. de 2014

O PROBLEMA DE ESPERANZA SALNÉS SEGUESE SEN RESOLVER

E OS CAUSANTES DOS MESMOS,   O PP, NON FAN MAIS QUE QUITAR FOTOS COA IMAXE DA ASOCIACIÓN.
OSCAR PARDO:  "...rinde máis unha Esperanza constantemente en perigo que sexa triunfalmente rescatada por Louzán..."
Nun excepcional artigo publicado na “suspendida” paxina
CAMBADOS TK, e por certo tan añorada, o seu principal administrador Oscar Pardo Planas facia un excepcional artigo que pese a ser publicado  o 7 de xaneiro do 2012 está de rabiosa actualidade. Oscar Pardo dicia nese artigo que “””o tema repítese e repítese ao longo dos anos. A asociación Esperanza
Salnés, que trata a nenos con discapacidade de toda a comarca, volve a ter a auga ao pescozo. O problema de raíz: esta asociación non pertencente á Xunta  carece de convenios estábeis coas institucións que puideran permitir que se esqueceran por un ano dunhas contas que nunca saen.
O asunto que vimos denunciando moitos todos estes anos é que estes malos momentos financeiros da organización son empregados electoralmente polo Partido Popular. En concreto, ano tras ano Esperanza anuncia que nun breve espazo de tempo entrará en bancarrota.
Finalmente, no último momento, Rafael
Louzán aparece na prensa concendendo unha subvención que lle devolve o pulso á asociación, pero que non lle retira o risco dunha recaída inminente. Ocorre ano tras ano, e nunca até agora houbo un intento serio dos alcaldes (o máis involucrado debería
ser Aragunde, quen por certo contou co apoio electoral do xerente da asociación en Maio – referiase as eleccións municipais do 2011), da Deputación ou da Xunta por asinar un convenio que poña fin a esta historia.
Repetímolo moitas veces en Cambados(tk), parece que rinde máis unha Esperanza constantemente en perigo que sexa triunfalmente rescatada por Louzán e compañía que unha asociación operativa e sen problemas que poida desenvolver de xeito normal a súa actividade.”””
Isto era o que dicia un atinado e acertado Oscar Pardo fai dous anos e que incriblemente cada ano repitese dun xeito ou doutro, agora en forma de sensibilización do comercio local para que se fagan socios da asociación e se non se fan bastantes  xa vendrá Louzán novamente a quitar a foto e salvar a Asociación, un fraude mais para os votantes cambadeses.
Coidamos  que as administracións debían de coller dunha vez o toro polos cornos e deixar estabilizada dunha vez por sempre a situación de Esperanza Salnés de deixarse de sacar cada ano unha foto como salvadores de asociación.Estamos seguros
que fixemos mais os que participamos para sacar fondos para Esperanza Salnés cando fixemos o calendario de espidos ou cando Maximino Cif e Olga González fixeron aquela famosa obra que acadou un premio a nivel estatal que estes politicos de "pacotilla", polo menos nos fixemolo de corazón. Son uns cínicos.



Ningún comentario: