29 de mar. de 2014

O VAN GOGH DE CAMBADOS, EXPÓN NA DE LUPE

EDU CHARLIN EXPÓN OS SEUS CADROS NA  VINACOTECA-PINOTECA DE MODA.
VASTE PERDER ESTE MAGNO ACONTECEMENTO?. 
RAFAEL LOUZÁN E LUÍS ARAGUNDE PENDENTES DE CONFIRMAR A SÚA PRESENZA.
Se hai un acontecemento en Cambados no que hai que hai que estar é o do venres catro de abril no local de “A de Lupe”, sito
na rúa Isabel II de Cambados. todo aquel que teña unha cachiño de cariño pola arte, e en especial pola pintura debe estar neste local de Cambados que é unha especie de vinocoteca-pinoteca. 
Quen expón?. Pois nada mais e nada menos que todo unha
personaxe en Cambados, administrativo, futbolista, pintor, barbeiro… en fin toda unha amalgama de personaxes que describen a un habitante da Leria, que describen un cambadés excepcional que describen o
Van Gogh de Cambados, que describen o Chuchunero, personaxe sen igual  na nosa vila, un home polifacético que poderiamos resumir en catro palabras “un cacho de pan”. 
Unha vez este blog fíxolle unha entrevista  e  preguntámoslle polo seu estilo, Edu que o un rapaz modesto dixonos: “””Non sabería
definir o meu estilo, eu pinto a maioría dos meus cadros con espátula fixándome moito na técnica personalizada de Leonid Afremov un dos meus pintores favoritos na
actualidade.”””
No se facebook con toda a modestia do mundo invítanos a todos a participar da súa inauguración coa seguinte mensaxe:  “””Boas a todos, o próximo venres dia 4/4/2014 a partir das 21:00 teño o pracer de expoñer algún dos meus cadros no Bar de
Lupe (Rúa Isabel II) no que será a súa casa durante un mes, para min sería un pracer que estivésedes por alí, apertas para tod@s.”””.
Claro que imos estar alí Edu, o que nos gustaría  a nos e ver os teus proxenitores na de Lupe o teu pai Eduardo o Chuchunero e a túa nai Rosalia “Ía” , dous seres irrepetibles en Cambados, vítimas
do anonimato, pero marabilosas persoas.
Por certo neste artigo colamos un cadro de Van Gogh de verdade, a ver si eres capaz de adiviñar cal é.



Ningún comentario: