9 de abr. de 2014

ATENTADO ECOLÓXICO NA ZONA DE VILARIÑO

UN DESALMADO TIRA CEMENTO NA ZONA DOS CAMPOS.
Un amigo de Vilariño mandanos estas espeluznantes imaxes  co seguinte texto: "Fai escasamente
unhas horas alguien tirou non regato na zona dos Campos, pista parcelaria, mais de 30 sacos de cemento e cal, esto e un claro ATENTADO ECOLOXISTA, contra o medio ambiente e contra o rio Umia. E ALGO QUE NON PODEMOS CONSENTIR, alguien tivo que ver algo, animo a que se denuncie ante as autoridades competentes."

NOTA DO VECIÑO QUE NOS FACILITOU A INFORMACIÓN: :
Quero informar a todos que en apenas 24h. de haber sufrido este grave atentado ecoloxista, dispois de unha labor silenciosa da guardia civil, e como non gracias a difusion da nova nesta paxina, os residuos de cemento e cal foron retirados do regato que desemboca no rio Umia. Como veciño de Vilariño comprometido co benestar colectivo da parroquia agradezco o administrador desta paxina "A TI MEU CAMBADOS", a rapida difusion da noticia que sin duda contribueu na resolucion dos feitos.Tamen agradecer as persoas dos colectivos ecoloxistas que asesoraron na medida do posible como denunciar este grave atentado contra o medio ambiente.

Ningún comentario: