8 de abr. de 2014

CAMBADOS CONTA OUTRO CAMPIÓN GALEGO.

FERNANDO PADÍN PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO EN NARÓN 
A disputa do Campionato Galego para as categorías basee en Narón deparou boas noticias para o tenis de mesa arousán. Fernando Padín converteuse no mellor representante arousán ao conseguir o título
autonómico na categoría Sub-23. 
Tras completar unha fase de grupos impecable, logrou o primeiro posto do seu cadro. Na eliminatoria de cuartos de final esperáballe o coruñés Adrián Arias, ao que superou logo de remontar un 2-0 en contra. Xa en semifinais mediuse a Marcos Sanmartín, xogador ribadumiense do Mercantil de Vigo. A vitoria deulle o pase a unha final na que Padín tamén superou a Martín Pintos, do
Vincios. 
O outro representante cambadés, Martín Regueiro cedeu en róldaa de oitavos de final. Ambos xogadores na proba de dobres conseguiron a medalla de bronce tras perder en semifinais. Mesmo metal que o conseguido no dobre feminino por Paula Padín e a xogadora de Vincios Lucia Graña. En alevín a cambadesa Mariña Chaves foi subcampioa en individual e campioa en dobres xunto á naronesa Claudia Canay.

NOVA RECOLLIDA DE FARO DE VIGO 
MAIS INFORMACIÓN EN http://www.cambadostenisdemesa.es/noticias/

Ningún comentario: