19/05/2014

EN RESPOSTA A UN COBARDE ANONIMO CAMBADES ( ¿OU SOAMENTE ERA DE CAMBADOS?)

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Fai pouco mais dunha semana  tivemos ocasión de presenciar unha das formas que teñen de reaccionar os Peperos cando non saben encaixar as críticas e, amosa, ás claras, cal é o seu “talante” e forma de actuar.
      Para poñervos en antecedentes aos que nos sabedes de que foi a historia resulta que un individuo anónimo, creou, por un lado,  un perfil falso en Twitter baixo o nome de  “Chonito de Oro”, colocando unha foto de Xaquín  Charlín “Chon” e colgando frases como si fosen ditas por el, intentando, dese modo, desprestixialo; ao mesmo tempo dito individuo, en Facebook, abriu un perfil baixo o nome de
“OPOSICION CAMBADOS” utilizando os anagramas do BNG e do PSOE Cambades, e poñendo comentarios contra min, entre outros. En concreto criticábame que eu no  grupo de Facebook “CAMBADOS NOTICIAS” colgara unha foto da pegada de carteis, co galo do inicio da campaña electoral das eleccións europeas, nela saian o alcalde Aragunde, Rosa Oubiña, o Tenente alcalde Toñito Pombo e o responsable das NN XX cambades e acompañeino da seguinte cita:  JOER! MENUDO “EQUIPASO”!..O ALCALDE PELELE, A INTELECTUAL, O MAIS “JUAPO” DO POBO E O LIDER DE NOVAS XENERACIONS QUE PARECE QUE VEÑA DUN COMBATE DE BOXEO XA SOAMENTE FALTA A CABRA E
O ACORDEON” ...pois ben parece ser que a este individuo anónimo non lle pareceu ben tal comentario e chamábame maleducado, cando non dixen nada novo que non tivera dito antes neste mesmo blog..... a saber: que  Luís Aragunde sigue a ser unha marioneta de Tourís, iso sabémolo todos por moito que o intente disimular (é tamén o saben os
de Melide e os de Arzuá); que a actual Deputada autonómica, Rosa Oubiña, é un saco de virtudes (ninguén o pon en dúbida)  pero que entre ditas virtudes non está a facultade de entaboar un discurso medianamente intelixente tamén é certo;por outro lado, cando
chamo “o mais juapo do pobo” a Toñito Pombo aínda que poida parecer que o fago cun tono sarcástico, en realidade,  o que estou a dicir é que, a pesar do seu nulo parecido con Robert Reford, algo terá para ocupar o cargo de tenente alcalde, vamos, que el non está en ese posto de floreiro como si o estaba a anteriormente nomeada Rosa Oubiña. Finalmente o líder de
NN XX, o pobre  parecía que lle acabasen de pegar unha tunda e, dende logo, neste caso faltou o asesoramento do “tipo dos fulares” (porque se supón que é asesor ¿non?) para que lle dixesen que, quizais, ese dia non era o mellor para que saíse na foto. 
   
      Aparte o que mais me chamaba a atención de dita foto era a pouca convicción que tiñan no que facían, notábase que estaban alí “porque tiñan que estar”, vamos, por cumprir co expediente; si, por exemplo, comparades esta foto coa da mesma noite do BNG cambades, veredes a diferenza entre a xente que esta na política por convicción, por crenzas e por ilusión e quen
está por “interese propio”; na foto do BNG vese a un grupo de xente contenta, rindo e disfrutando do momento, por contra  na foto do PP, mais que no inicio dunha campaña electoral, que, lembremos, sempre é unha festa da democracia, pois parecía que viñan dun funeral.
      Como os dicía anteriormente, amigos, a este individuo parece ser que non lle gustara o meu comentario e tachábame de maleducado; a cousa non deixaba de ter  a   súa graza porque iso estábamo a dicir o membro dun partido, no que  outra integrante do mesmo e compañeira do anterior, o  verán pasado tivo a “boa educación” de chamar, por teléfono,  ao secretario de Xuventudes Socialistas de Cambados, para ameazalo;  por outro lado, comprenderedes que o feito de que alguén me chame “maleducado” amparándose no anonimato, sinceramente (e que me perdoen as señoras)  “me la trae floja” ...... eu o que
fago sempre xa sexa neste blog ou na miña conta de Facebook é expresar o que penso, i en ambos casos, fágoo con nome e apelidos e cunha foto miña (a pesares de que non son nin a metade de guapo que Toñito Pombo) e, dende logo, non me escondo no anonimato nin detrás dun perfil falso. Ademais como xa lle dixen a este “mamarracho” eu teño o meu perfil totalmente aberto, de maneira que calquera pode entrar, aínda que non estea agregado, e ver o que colgo, aparte de deixarme, en ocasións,  opinións, críticas etc. cousa que eu agradezo profundamente.   
      Pero o que realmente me chamou é atención foi un comentario que colgou o susodito e  que, mais ou menos, dicía algo así: “HAI QUE VER A CANTIDADE DE CAMBADESES QUE ESTAN NO EXILIO E OPINAN AQUI, ¡TEN COLLONS!”........  vaiamos por partes, como dicía Jack “O destripador”,  porque a cita  merece unha reflexión: 
      O primeiro que lle  respondería ao comentario deste descerebrado é ¿acaso o feito de estar fora do noso pobo imposibilítanos de algunha maneira para emitir a nosa opinión? Polo visto ao noso “ crítico anónimo” parécelle mal que os cambadeses que estamos no exilio podamos opinar  sobre as cousas que están a pasar na nosa amada vila. Inmediatamente pensei en moitos cambadeses que están fora, amigos meus en algúns casos e que seguen a actualidade do bendito pobo que os veu nacer (a parte de por outros medios) por este  humilde blog:   Elisa Cordal e
Paco “Parriolo”  en Canarias, María Galiñanes en Málaga , Julia Otero en Madrid, Ignacio Laya por Europa adiante,  Susana González, Tito Falcón, Alberto Castiñeiras e Andrea Abal en Barcelona  ou, probablemente, o cambades mais afastado   da súa terra, Alex Pérez “Carabel” en Australia  ....¿acaso estas persoas que, por un motivo ou outro, están fora da súa terra son menos cambadeses que o “tontolabas” que hoxe nos ocupa?. Ademais o feito de estar   lonxe non quere dicir, en absoluto, que non poidan estar ao tanto da actualidade cambadesa e a mellor proba é que o administrador do blog “AlzalavozCambados”, Marcos Serén Portas, vive en Xixón e iso non é impedimento de que se decate mais  do que pasa no pobo que outros que presumen de “Vivir en Cambados”. 
      Ademais ¿onde está o límite  ou a distancia para marcar cando estas ou non exiliado de Cambados? O restaurador Xan Galbán vive en Compostela e penso que hai poucos cambadeses que exerzan e que sinta  tanto como el o agarimo e o aprecio á súa patria chica. 
      Aparte hai moitos cambadeses que están fora moi o seu pesar, entre outras cousas, porque un dia tiveron que partir para buscarse a vida e porque tiveron a dignidade e o orgullo de non ser uns “estómagos agradecidos” ou uns “pelotas”  como outros que están “enchufados” no Concello, ou como no caso, do parvo do que estamos a falar hoxe que traballa nun establecemento de titularidade pública que, por certo, fai uns meses, por mor dos recortes botou a xente a rúa, aínda que noso “amigo” non se veu afectado ( está claro que non hai nada como ter padriños .....¿verdade  Albertiño?).
      Vaia dende aquí o meu saúdo e a miña homenaxe  a tódolos cambadeses que están fora e  que se seguen a sentir como tal e que ninguén, como o individuo do que vimos de falar, lles quite o orgullo  de selo. 
              
      Un saúdo a todos. 
      
      
      
      
                 RICARDO DOMINGUEZ REY 
           


Ningún comentario: