19 de maio de 2014

NO CONCELLO DE CAMBADOS NON APRENDEN

NA PRAZA DE ASOREY OUTRO FOCO PODRE A PUNTO DE CAER.
Despois de case dous anos a punto do cometerse a mesma imprudencia, o día 5 de xullo de 2012 titulabamos “UNHA IMPRUDENCIA QUE PUIDO RESULTAR MORTAL” .Daquela comentábamos  “Hoxe fun testemuña presencial da imprudencia
de sabe Deus quen o saír de traballar. Eran as 20.05 da tarde cando o pasar pola Praza de Asorey procedente do Xulgado,  vexo unha parella de forasteiros paseando con
Fotografia 2012
dous nenos, un deles , o que se ve na foto, inocentemente tocoulle a farol pero tanxencialmente, e esta caeu fulminada o chan rompéndose o foco, sorte que non colleu o rapaz nin a ninguén debaixo senón deixaría “frito”, pero o mais grave de asunto e que me
Fografia 2012
achego 
a base da farol e vexo, como tamén podedes ver vos na imaxe que está pegada con cinta americana, incrible unha farol duns cen  kg. de peso pegada a súa base por una cinta americana, como se pode ver na súa base a mesma está totalmente oxidada. Un concello non se pode escudar na crise para pegar unha farol con cinta americana, mentres no concello hai contratados que sen facer case nada cobran mais de 3000 euros de soldo. O mellor de todo é que non pasou nada, pero tiñades que ver a cara de susto do rapaz.”. 
NO 2014 O FAROL ESTÁ IGUAL CO QUE
Foto 2014
ROMPEU.

Pois hoxe volvemos a pasar polo lugar e vimos como o outro farol tamén está a podre e a punto de caer enriba dalgún. E incrible como a imprudencia deste concello e do seu alcalde Luís Aragunde  repítese cada dous por tres
Foto 2014
, e incrible como a imprudencia  dos nosos gobernantes, que estivo a piques de custarlle a vida a un rapaz no 2012, volve a poñer novamente en perigo aos transeúntes.  Pero non hai ninguén normal no concello de Cambados que poña un pouco de cordura nestes cousas?. Doutra banda na Rúa Fonte de Fefiñáns xa leva varios meses unha farol que quitaron por unha denuncia deste blog que tamén estaba podre, o outro día unha muller estivo a punto de caer o tropezar na base da farol que mirade como a deixaron:




Ningún comentario: