18 de xuño de 2014

A INVOLUCION DE JOSE PEPE: DE “HOOLIGAN” PEPERO A DEFENDER A DESTRUCCION DO PLANETA OU O PERIGO DE QUE UN NECIO OPINE SEN SABER DO QUE FALA

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Fai tempo que non falabamos aquí do noso “querido amigo” Jose Pepe, basicamente porque levaba un tempo “tranquiliño” e sen tocarnos a “gaita” cos seus desvaríos pero o seu último artigo, para min, é a gota que derramou o vaso e amosa  que, a algún, cando
lle dan un púlpito onde expresarse é mais perigoso que un mono cunha pistola (que me perdoen os simios por comparalos co noso “ilustre escribidor”). 
      Vaia por diante que Jose Pepe pode escribir o que lle
pete, para iso estamos nun estado democrático onde a liberdade de expresión está recoñecida plenamente pero o que debería ter, como mínimo, é un pouco de respecto polo seus lectores (entre os que me inclúoo, ó meu pesar), primeiro documentándose un pouco e segundo (e mais importante), non mentindo como un bellaco porque, aínda que eu a Jose Pepe non o teño por  unha persoa con “moitas luces”,  as supostas afirmacións que fai en dito artigo non están feitas soamente dende a ignorancia senón tamén dende a mentira, unha mentira consciente e intencionada. 
      Sei (e algún xa mo fixo ver) que non vale a pena perder o tempo cun pobre diaño como Jose Pepe pero é que fai moito tempo que non me indignaba tanto lendo tal sarta de
mentiras e falacias. 
      Como xa dixen anteriormente  son lector ó meu pesar dos artigos deste “lumbreras” maiormente porque faime graza ver a ata que punto pode chegar o seu  radicalismo e “forofismo”......por certo, antes de que me esqueza, non me resisto a contar o que me dixo un dos meus “espías”, presente no mitin que o PP  dou na Sociedade Cultural nas pasadas eleccións europeas; contábame este amigo que   Jose Pepe achegábase a  falar con alguén i este non vía a maneira de sacalo de enriba, e así ia o pobre Jose Pepe saltando de persoa en persoa e,  sentenciaba o  meu amigo: “non trago a Jose Pepe pero daba ata pena ver como a xente pasaba de el”  e eu consteille: “ti tranquilo, a el con que lle deixen un sitio nas inauguracións e demais “saraos”, aínda que sexa ó
final da comitiva  xa é feliz, contentase con pouco”. 
      O artigo, centro do debate de hoxe, leva por titulo: “La reapertura de la Central Nuclear de Garoña” e no mesmo, o noso ilustre veciño fai, por un lado, unha defensa da enerxía atómica  e, por outro, tamén defende as prospeccións petrolíferas nas illas Canarias e Baleares e que tanta polémica estes días están a ter; para non estenderme moito soamente reproducirei dous extractos do artigo pero que reflexa fielmente  o espírito do mesmo e onde se aprecian todas as mentiras e
as falsidades do mesmo, como sempre o reproduzo literalmente para que ninguén nos acuse de manipular nada, vaiamos co primeiro: 
      “ (...)También va siendo hora de que los movimientos ecologistas, que pretenden gobernarnos sin jugar la partida electoral, dejen de meternos miedo con los supuestos riesgos de la energía atómica que en los grandes, medianos y pequeños países del planeta se viene explotando para cubrir más del 30% de sus necesidades.
       Son muchos los científicos que aseguran que los riesgos son menores y desaparecerán tras los avances en la investigación conducente a lograr la fusión nuclear. Entretanto la energía atómica es limpia, barata y más segura de lo que nos quieren hacer creer (...)”. 
      Vaiamos por partes: segundo Jose Pepe non hai riscos
coa enerxía atómica e todo é unha esaxeración dos movementos ecoloxistas que queren meter medo o que me leva a preguntarlle ao noso escribidor  en que furancho estaba escondido o dia 26 de abril de 1986 para non decatarse   da traxedia de Chernóbil, o maior accidente nuclear acontecido no mundo  e que supuxo a liberación dunha grande cantidade de elementos radioactivos e que mantivo en vilo a mais dunha ducia de países europeos e, aínda hoxe en dia, as súas consecuencias son apreciables, sobre todo na fauna da zona onde, actualmente, aínda detéctase  un alto contido en radiación; no 2006 un informe encargado a 52 científicos de
todo o mundo, concluíu que nos próximos anos se producirían uns 270.000 casos de cancro atribuíbles a exposición de Chernóbil por non falar de outros estudios que sinalan que en zonas próximas  ó lugar da traxedia observouse un incremento medio entorno ao 40% en tumores sólidos; tamén no 2006 o ministro ucraíno de sanidade afirmou que mais de 2.400.000 de cidadáns de Ucraína (incluídos uns 428.000 nenos) sofren problemas de saúde, causados pola traxedia e así poderiamos seguir. Coñecendo como coñezo  a Jose Pepe xa sei que respostas daría a estas afirmacións: “que si era un pais soviético” “que as medidas de seguridade nos países comunistas eran as que eran” en fin, que a culpa botaríalla ao Comunismo; por iso non fai falta irse tan atrás e, de feito, temos a segunda traxedia desta índole
acontecida mais recentemente: o accidente nuclear de Fukushima o 11 de marzo de 2011; neste caso falamos da, probablemente, nación mais avanzada do mundo en canto a tecnoloxía e nada sospeitosa de ser bolchevique, por certo, Jose Pepe , “bolchevique” escríbese con “b” e non como o escribiches ti “volchevique” (vas ter que ir a escola de noite a repasar ortografía). 
      Como diciamos, Xapón, sufriu en marzo de 2011 en Fukushima a segunda traxedia nuclear mais grande tras Chernóbil e que, aínda a dia de hoxe, non quedou de todo arranxado; os índices de radiación nas zonas próximas ao lugar do accidente son aínda  alarmantes e parece que se tardará moito tempo en volver a recuperar a normalidade; isto tira por terra a afirmación do noso veciño de que a
enerxía nuclear é limpa e segura; en canto o de que é barata permitídeme que soamente os dea un par de cifras: unha central nuclear ten un custe aproximado duns 4.000 millóns de euros por cada Gigavatio de potencia instalado, a isto hai que engadir o problema dos residuos atómicos, co que hai que engadir a  construción dun cemiterio nuclear para albergalos que  non baixa dos 700/ 900 millóns de euros;  de feito, actualmente, España págalle  65.000 euros diarios a Francia por albergar os residuos de Vandellos I;  así que, por moito que diga Jose Pepe, as únicas  enerxías limpas, baratas e seguras son, maiormente, a enerxía solar e a enerxía eólica ......un dato clarificador:  cos 4.000 millóns de euros que custa unha central nuclear pódense instalar 6´666 Gigavatios de potencia eólica, é dicir, o equivalente a mais de seis centrais nucleares....non fai falla dicir nada mais pero vaiamos co outro fragmento  seleccionado das reflexións deste “iluminado”...........
         “Los y las ecologistas de Greenpeace andan estos días movilizando sus “zodiacs” para mostrar su oposición a las prospecciones que el Gobierno de España tiene previsto realizar en aguas de las Islas Canarias y las Baleares (territorio español), con la finalidad de hallar unos yacimientos petrolíferos (...). Aún no sabemos si hay o no petróleo en esas zonas, pero nuestros protectores ecologistas ya se anticipan a los trabajos para que no suframos los desastres que nos producirán los pozos del Maracaibo español. Lo que no hemos sabido nunca es porqué Greenpeace se oponía a las pruebas o ensayos atómicos de Francia, EE.UU., y otros países occidentales, en el Atolón de Mururoa, pero no se oponían a los que hacía la Unión Soviética en Sibeira, y la República China, de Mao, allá en el Techo del Mundo, pero aún están a tiempo de hacerlo”. 
      Como sempre, Jose Pepe, amosa unha ignorancia supina no que escribe e mais neste extracto que acabamos de ler....... GREENPEACE cando ten que denunciar os atropelos ecolóxicos dun estado (ou dunha multinacional do mesmo) non mira a cor política nin o tipo do  réxime de goberno de dito estado, de feito, o ultimo conflito internacional que tivo foi coa Rusia de Putin, no pasado mes de setembro, cando mais de 30 activistas desta organización foron detidos polas autoridades rusas cando protestaban no Ártico contra as perforacións no mesmo por parte da compañía rusa Gazprom e que  pasaron mais de 90 días en prisión o que levou a mobilizacións por todo o mundo pedindo a súa liberación. 

      Falar de GREENPEACE é falar, probablemente, da ONG mais independente do mundo e algún dia a sociedade debería recoñecer  todo o traballo que esta organización está facendo en pro do planeta e do medio ambiente; fai moito tempo que GREENPEACE ven denunciando, por exemplo,  as condicións en que navegan moitos petroleiros polos océanos, autenticas bombas de reloxería  e que, en Galicia, por desgraza, coñecemos moi ben as súas consecuencias; por iso e por outros moitos motivos GREENPEACE  está no punto de mira de moitos gobernos e de moitas multinacionais que intenta desacreditalos, incluso  a través do terrorismo de estado: no ano 1985 o buque insignia desta organización o RAINBOW WARRIOR
foi afundido polos servizos secretos  franceses, morrendo un fotografo portugués que se atopaba no barco. 
      No extracto que acabamos de reproducir, Jose Pepe defende as prospeccións petrolíferas en Canarias e Baleares o cal é un autentico disparate;  para facer un simil que nos resulte familiar é como si REPSOL se puxese a facer prospeccións á entrada da Ria de Arousa, poñendo, dese modo en perigo o motor económico fundamental dunha parte importante da sociedade galega  como é a pesca e o marisqueo. A fonte de ingresos mais importante das Canarias e as Baleares e, de longo, o turismo e poñer iso en risco é soamente entendible en mentes moi limitadas e desinformadas  como a de Jose Pepe.  
      Non quero finalizar sen darche un consello, Jose Pepe: ¿por que no volves a liña  argumentaría de fai unhas semanas e falas, por exemplo (como xa fixeches):  das parellas que se  declaraban o seu amor na paseo da Calzada ou  das procesións de Semana Santa dos caladiños ou, por propoñerche novos temas, recoméndanos, en algún artigo, en que establecementos da nosa zona  podemos atopar os mellores caldos, non teño a menor dúbida de  que en iso eres un verdadeiro experto pero, dende logo, non te  metas en charcos intentado afrontar temas para os que, evidentemente, non estas capacitado como o que vimos de expoñer. (as malas linguas de Cambados tamén din que te estás a converter nun experto en comprobar a resistencia e a firmeza de pasarelas e barandillas, sobre todo, as de o  paseo marítimo).    
                    
      Un saúdo a todos.
                 RICARDO DOMINGUEZ REY 
             


Ningún comentario: