11/06/2014

PRIMER ANIVERSARIO DENDE QUE UN “SINVERJONSA” OFENDEU Á NOSA “ILUSTRE” VICEPRESIDENTA OU O DIA EN QUE A SORAYA “AQUELO” VOLVÉUSELLE DE OURO

POR RICARDO DOMINGUEZ REY  
      Este 11 de xuño cúmprese o primeiro aniversario do caso “Chochito de Oro” e coa perspectiva que da ver as cousas co paso do tempo, hai unhas reflexións que  me gustaría compartir con todos vos, queridos amigos, en relación ó acontecido en  aqueles
días. 
      Lembro que ao dia seguinte de que se  montase todo aquel  circo mediático, eu colguei neste mesmo blog un artigo titulado: “¡Canta hipocresia hai no mundo!”, artigo que vos recomendo ler, pois amosaba (e amosa) todo o que pensaba (e penso) desta absurda polémica; no mesmo, entre outras cousas,  dicía unha frase que, para min, resumía todo o que se armou: “cando un sabio sinala a lúa so os necios miran para o dedo” e, sinceramente, neste caso sigo afirmando que iso foi o que pasou, e a mellor maneira que se me ocorre para explicalo
é que fagamos todos un exercicio de empatía: 
      Non vos coñezo persoalmente á maioría dos  que estades a ler isto pero gustaríame, e dígovolo coa man no corazón, que fosedes todos persoas que non están a sufrir esta crise económica e as  súas consecuencias, pero si, por desgraza é así, vos mellor que ninguén, entenderedes o que quero expresar..... por un momento pensar que sodes un traballador, da igual o sector,  e que levades quince, vinte ou trinta anos traballando, ganándovos honradamente o pan ata
que chegou esta crise; crise que, por moito que nos queiran  vender, non foi creada pola clase media que “viviu por enriba das súas posibilidades” senón por grandes especuladores financeiros que, paradoxicamente, agora na actualidade, seguen gañando cartos coa actual situación económica ; pois ben, como dicía, de súpeto atopádevos na cola do paro i empezades a sufrir todo o que elo leva consigo, coa agravante dun goberno que, primeiro, facilitou o voso
despido cunha reforma laboral que baixaba as cotizacións  a cobrar  en caso de desemprego e, segundo, baixa a cuantia do paro a cobrar, a partir do sexto mes para (como dixo cinicamente  Mariano Rajoy no Congreso dos Deputados): “.. estimular al trabajador a que busque con mas ansia un nuevo  trabajo”; pensade que, no peor dos casos,  vosos fillos xa non poderán ir a Universidade porque este mesmo goberno subiu as taxas universitarias a prezos prohibitivos (á vez que recortaba as axudas en  becas); si sodes un parado de larga duración tamén corredes o risco de sufrir a retirada da tarxeta médica e por tanto da asistencia sanitaria. 
      Pois ben despois de todo o anteriormente mencionado que, por desgraza, estano a padecer moita xente, escoitades que un humilde blogueiro critica que a vicepresidenta dispoña de 40.000 euros  para revisións xinecolóxicas e chámalle “Chochito de Oro”  ...... ¿realmente de lado de quen vos poñeriades? Iso mesmo é o que quería facer ver Xaquín Charlín “Chon” no seu artigo: que mentres
moita xente pásao realmente mal iso pouco lle importa á vicepresidenta do goberno que representa  e toda esa preocupación pásana polas súas  “nobres partes”  (nunca mellor dito). 
      Neses días escoitei e lin moitas cousas sobre Xaquín que, en absoluto, se adaptan a realidade; moitos pode que soamente coñezades a Chon a través do seu blog i, en algún caso, pensedes que é un “pedazo de cabrón”  pódovos asegurar que estades equivocados........ é un  verdadeiro “cabronazo” de arriba a baixo (para  denunciar i escribir sobre quen o fai ten que selo) pero, sobre todo, é unha persoa moi nobre e con unha gran calidade humana; nunha ocasión falando cun veciño do pobo, díxome, sobre Xaquín que o que el fai é dicir en voz
alta o que a moitos gustaríalles dicir  e que por medo, soamente, poden pensalo. Para Chon sería moito mais doado facer como o “blog do réxime” e dicir mentiras piadosas do estilo de  que:  Aragunde é un alcalde que non se deixa manipular, que Rosa Oubiña nunha ocasión conseguiu rematar de ler un libro, que o tenente alcalde Toñito Pombo é tan guapo que trae “toliñas” a todas as mulleres de Cambados ou que Louzán e Tourís son uns políticos honrados; sen embargo, Chon, opta por dicir as cousas como son e iso fai que “A ti meu Cambados” sexa o blog mais lido, acadando, por exemplo, no ano 2013 mais de 370.000 visitas aínda que iso supoña que, tamén, reciba ameazas (algunha das cales chegaron ata a propia porta da súa casa).    
      Entre as sandeces e parvadas que escoiten en aquelas datas estaban as que acusaban a Chon de “machista” cando precisamente foi todo o contrario....... o dicionario define a palabra “machismo” como: “Comportamento e ideoloxía das persoas que discriminan á muller  por considerar que o home é superior a esta”; á vista disto cabe preguntarse:  ¿onde estaba a actitude machista de Chon?;  sexamos francos: si tivese acontecido a inversa e fose unha blogueira a que chamase, por exemplo, “huevos de oro” a Rajoy por gastarse 40.000 euros en revisións urolóxicas  ¿creedes en serio que se armaría o mesmo  “follón”? ¿cantos homes nos houberamos ofendido? Seguramente non teriamos reparado, nin sequera,  si era un home ou unha muller a que firmaba o artigo e, moito menos, teriámola  tachada de feminista. Cando Chon  tachou  a Soraya do que a tachou tratouna por igual sen discriminación algunha, evidentemente chamouna “chochito” porque ata onde  todos sabemos  Soraya é unha muller (a noticia seria o contrario)  e, por tanto, portadora de tal órgano reprodutor. Machismo é o que fixo Cañete nas  pasadas eleccións europeas cando dixo, na campaña que senón atacou mais a Elena Valenciano (PSOE) no debate no que se enfrontaron foi por non deixar a vista a súa superioridade intelectual ante unha muller (finalmente, aínda que tarde e a “rastras”, acabou pedindo desculpas); machismo é o que dixo outro dirixente popular que afirmou que “as leis son como as mulleres, están para ser violadas” e machismo é actual reforma da lei do aborto que obriga ás mulleres a parir e ter menos dereitos que algo que, nin sequera é aínda un ser humano.  
      Tamén quero acordarme da deputada do BNG  no Congreso  en Madrid:  Olaia  Fernández Dávila, (unha excelente política por certo) e que tivo a ben contestarme a unha carta aberta que lle dediquei neste blog onde lle aclaraba o equivocada que estaba (ela tamén) ó  acusar a Chon de machista e, ata certo punto, podo entender os motivos que me dou para declarar o que declarou; o único que lle boto en cara é que, finalmente, non aceptase a invitación de achegarse a Cambados en coñecer a Xaquín  en persoa para comprobar “in situ” o errada que estaba nas súas declaracións iniciais; invitación que segue en pe, por certo. 
      Tampouco quero esquecerme do medio que  lanzou a nova:  “La Voz de Galicia”; non serei eu que lle dea clases de ética periodística a ninguén e moito menos ao primeiro xornal de Galicia e sexto ( ou sétimo segundo a clasificación onde o consultes)  de España pero soamente dicirlles que é unha pena que así como lle deron repercusión a esta nova no fagan o mesmo con outras que tamén se publican neste blog,  moito mais interesantes; por certo ata o de “Chochito de Oro” non era de todo orixinal pois, uns meses antes, concretamente, o 29 de abril, un tuitero  de Valencia,  xa utilizou esta mesma expresión para referirse a Soraya Saenz de Santamaria .....ah claro! pero como non era un concelleiro do BNG, quizais, por iso  non era noticia; debo aclarar que con  esta crítica  non me estou referindo á periodista que destapou a noticia, Bea Costa, boa amiga miña por certo,  senón a liña  editorial do medio que xa sabemos todos de que “pe coxea” e si alguén quere saber por onde van os “tiros” que consulte cal é un dos primeiros medios de comunicación galegos en recibir subvencións públicas da Xunta e sobre todo, cantos millóns lévanse gastado  nese medio en publicidade institucional; para min unha cousa son os periodistas como Bea Costa ou Susana Luaña na Voz de Galicia, ou, tamén, Miguel Anxo Martínez (no Faro de Vigo) e  Fátima Frieiro (no Diario de Arousa), profesionais todos eles que levan a cabo un gran  traballo,  a pesar de sufrir recortes salariais ou ERES e, outra cousa, moi distinta, é o medio para o que traballan que, non os esquezamos, son unha empresa privada (aínda que reciban subvencións públicas como sinalabamos anteriormente) e que están a gañar cartos aínda que iso supoña, como no caso da Voz, arrimarse “o sol que mais quenta”; por certo, un consello que lle daría ao grupo empresarial de “La Voz de Galicia” en aras dunha maior transparencia: ¿por que non publican todos os soldos dos seus traballadores, dende os  membros do consello de administración ata o do  mais humilde dos redactores? quizais nos levásemos unha
sorpresa,  no sentido de que   en canto se multiplica  os emolumentos dos primeiros con respecto ao  dos segundos.  
      Finalmente non me quero esquecer do noso “queridísimo” alcalde Luís Aragunde quen, en relación con este asunto, tivo os “cataplines” de dicir que estas cousas son as que desprestixian a un  pobo; e iso, ven  a dicilo, un alcalde que montou un “show” entorno a unha estatua dedicada a un ministro franquista, primeiro mentindo como Pinocho sobre a súa autoría e despois cando apareceu pintada, primeiro  de Superman e, posteriormente, de  Batman (sendo o “hazmereir” en tódolos medios)  acusando á mocidade de elo; e vennos a falar de desprestixiar un pobo, un alcalde, quen, o seu antecesor  no cargo, veuse implicado nun asunto por un presunto cobro de comisións ilegais, saíndo a relucir o nome de Cambados en tódolos os lugares  ....... ¡Luisiño, Luisiño si é que cada vez que abres  esa enorme  boca sube o pan!. 
      Antes de despedirme quero mandarlle, unha vez mais,  o meu apoio a este “bendito cabrón” que é Chon, como tamén saben que  o teñen Arturo Cores (Cores de Cambados)  e Marcos Seren Portas (AlzalavozCambados) sen esquecerme do decano dos blogs cambadeses,  Óscar Pardo Planas (Cambadostk) os cales tiveron a valentía, nun momento dado, de criticar a través dos seus blogs as actitudes de personaxes tan “demócratas” como o anteriormente mencionado Aragunde, Tourís ou Louzán e espero que sigan así moito tempo facéndoo,  os que os lemos saberémolo agradecer.    
                

    Un saúdo a todos. 

                 RICARDO DOMINGUEZ REY 
             

1 comentario:

o quinto dixo...

haber si se enteran os do bloque que por culpa do conto de chonito moita xente de cambados, seino eu de moi boas fontes, non bota o bloque, eu xa son un e a miña familia tamen,tendes moita habilidad pa non defender os nosos e estades caladiños cos comentarios asqerosos que fan estes machistas peperos do carallo coma cañete eu sintome totalmente identificado con chonito (e dicho) viva a republica galega