18 de xuño de 2014

TERESA PALMER ÚNESE AO REMAKE DE “LE LAMAN BODHI”

SERÁ COMPAÑEIRA DO ACTOR CAMBADÉS MATIAS VARELA
A actriz australiana será Tyler, un dos personaxes principais deste remake de 1991.
Matias Varela
Teresa Palmer estará no remake de “Le llaman Bodhi” (Point Break) de 1991, así o confirmou a produtora Alcon Entertainment. A actriz australiana encarnará a Tyler, un dos
Teresa Palmer
personaxes principais. Unha atractiva moza que coquetea con Johnny Utah, que nesta ocasión será Luke Bracey.
Palmer é recoñecida polo seu papel de Julie na comedia romántica “Memorias de un zombie adolescente” e de Becky no aprendiz de meigo. Agora, únese a un proxecto no que
Edgar Ramirez
será a moza guapa relacionada cunha banda de atracadores surferos. Outros actores confirmados son o xa mencionado Bracey (G.I. Joe: A vinganza), que encarnará ao personaxe principal, Johnny Utah, o policía infiltrado ao que deu vida Keanu
Ray Winstone
Reeves na cinta orixinal. Edgar Ramírez (No punto de mira) será o novo Patrick Swayze, relevándolle no papel de Bodhi, o carismático xefe da banda que leva unha vida emocionante. Ray Winstone,  o cambades Matias Varela e Clemens Schick son os nomes coñecidos polo momento deste incompleto reparto.
Fai xa 13 anos desde que Reeves interpretara a un policía que se infiltra na praia facendo de
Clemens Schick
surfero para poder achegarse e seguirlle a pista a unha banda de atracadores, coñecidos veciños desa parcela de costa. Utah empeza a sentir unha atracción por Tyler (Lori Petty), á vez que coñece e ten  unha boa amizade con Bodhi (Swayze). Estes sentimentos interfiren no labor do novo axente, que ten que sopesar e medir todo o que está sentindo e ocorrendo ao seu ao redor: amizade, amor e labor.
“Le llaman Bodhi” está prevista para o 6 de agosto de 2015, a tan só tres días do decimo cuarto aniversario do seu estreo nos cines españois. Este será o segundo longametraxe que dirixirá Ericson Core tras “Invencible”, protagonizado por Mark Wahlberg en 2006.

Ningún comentario: