05/07/2014

CONSELLOS PRACTICOS PARA OS NOVOS PATRONS MAIORES DAS COFRARIAS POR RICARDO DOMINGUEZ REY

UN ARTIGO DE RICARDO DOMINGUEZ REY, CORRESPONSAL EN CATALUNYA DE "A TI MEU CAMBADOS".
      A semana pasada tiveron lugar eleccións nas confrarías  de mariñeiros o que supuxo que varias delas vaian a
cambiar  de patrón maior e dende “A Ti Meu Cambados”, nun claro xesto de benvida queremos darlle uns consellos prácticos  para que non caian en erros
que puideron ter cometidos outros e que, seguro, aos novos patrons seranlle de  moita utilidade. 
1. Lembra sempre que es o patrón maior dos mariñeiros, de TODOS os mariñeiros, non soamente dos teus amiguiños nin dos mariñeiros peperos; a todos débelles respecto  e  ti traballas para eles e non eles para ti (como algún patrón maior así o pensaba). 
2. Se humilde e non te creas o “rei do mambo”, si a túa confraría se encontra nun concello gobernado polo PP, pode que te intenten “engatusar”  e levarche ao seu terreo, non caias nas súas
redes e fagas como outros pobres diaños  que antes ocuparon o cargo e se crían moi importantes por fotografarse ao carón do presidente da Xunta ou da conselleira de pesca.
3.   O presuposto da confraría, aínda que semelle o contrario, é limitado; se cauto nas contas e nos medios de que dispós; utiliza a tarxeta de crédito  que poñen a túa disposición  para fins
relacionados co teu cargo e non fagas como outros que a utilizaban  para pagarse  a “churrascada” do sábado coa querida ou para os  “gin- tonics” que bebían  a mares.   
4. Do mesmo xeito o vehículo da confraría e para tarefas relacionadas co teu cargo e non para os teus caprichos
nin para a túa vida privada...queda moi feo ver o coche da confraría estacionado no aparcadoiro  dun Puti Club da recta da Goulla  as dúas  da maña. 
5. Como xa se sinalou no punto 1. representas a tódolos os mariñeiros e,  por tanto, a túa función primordial e loitar polos seus intereses e non polos intereses de ningún
PPartido político; pensa que hoxe estas no cargo pero maña volves a ser un coma eles e terás que miralos a cara;           
      Seguro que estes consellos seranvos de utilidade aos novos patróns maiores e tranquilos cando pensedes que non estaredes a altura do cargo, peor que certo individuo que xa ocupou  o cargo no o faredes, xa se encargou el soliño de denigrar bastante o cargo. 
      Un saúdo a todos.
                 RICARDO DOMINGUEZ REY 









FOTOS: GOOGLE IMAXES.-          


Ningún comentario: