29 de xul. de 2014

FRANCO AO CARÓN DE LUIS ARAGUNDE É UNHA „HERMANITA DA CARIDAD“

O GRUPO MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE CAMBADOS MANIFESTA QUE O ALCALDE OBSTACULIZA A LABOR DA OPOSICIÓN NEGÁNDOLLE O DEREITO Á INFORMACIÓN.
A portavoz socialista, Fátima Abal, presentou no rexistro do concello unha solicitude para a entrega semanal dunha
copia dos rexistros de entrada e saída do concello, á cal teñen dereito os grupos municipais para poder realizar as labores de oposición. Sen embargo, dende o concello non responderon a dita solicitude, motivo polo cal a
portavoz socialista volveu a solicitar, ata en catroocasións, o acceso a dita información. A resposta foi a mesma as catro veces: o Concello non contestou ás solicitudes.
Segundo Fátima Abal: "Estas trabas evidencian que o Concello de Cambados, en lugar de mirar por tódolos seus veciños como é o seu deber, limítase a
gobernar só para eles mesmos. Este é o xeito de facer política do PP, ignorar deliberadamente a aqueles que non pensan coma eles. Esquecen que a  Corporación Municipal está formada polos 17 concelleiros que a compoñen, non só polos do equipo
de goberno, senón tamén polos da oposición."
Ademáis, sinala que este comportamento xa se ven producindo dende fai moito tempo: "é un continuo desprezo aos representantes de moitos cambadeses, xa que non informan de nada do que fan, non convidan aos representantes da oposición aos actos oficiais, e négannos
o dereito á información. Este, dende logo, non é o comportamento que se espera dun goberno democrático."
Pero os socialistas van máis alá, xa que se preguntan cal é o motivo desta falta de transparencia: "este reiterado
silencio fai que nos preguntemos se o equipo de Aragunde ten algo que ocultarlle aos veciños e veciñas de Cambados. Se non teñen nada que ocultar, non se explica que non compartan a información cunha parte da corporación que representa a tantos cambadeses e cambadesas."
É por esto que Fátima Abal xa anunciou que non pensan desistir ata lograr que o concello, tal e como é a súa obriga, lles entregue a información do rexistro. "Acabamos de presentar unha reclamación ante o Valedor do Pobo, xa que parece que a única forma de que o Concello faga o seu traballo é recurrindo a instancias superiores. Ésta é a cuarta vez que tempos que acudir ó Valedor para que desde o Concello cumplan coa súa obriga de informar”
Agrupación Socialista.




Ningún comentario: