21 de xul. de 2014

O RIF ROCK DE CAMBADOS CELEBRA A 6ª FESTA DO BIGOTE

SERÁ O DOMINGO DO ALBARIÑO AO REMATE DOS FOGOS ARTIFICIAIS 
Un ano máis, CTK & Rif-Rock presentan outra edición da Festa do Bigote! e con esta xa van seis edicións oficiais.
Por suposto estades todos convidados.
Lembrade: o Domingo do Albariño, o 3 de agosto, despois dos fogos de medianoite. E como podedes ver para este ano contan cun convidado moi especial para a entrega de premios: Penkito!!
Nos próximos días recordaranvos as bases
do concurso no seu blog, pero mentres tanto, tedes dúas semanas para que vaiades programando afeitados e pensando disfraces, postizos e demáis complementos. Non faltedes!!
O gañador do ano pasado foi Adrián Fariña con estupendo mostacho.


Ningún comentario: