21 de xul. de 2014

OS XEITOSIÑOS COMPLETA CON OUTROS INSTRUMENTOS E NOVAS PEZAS A SÚA ACTUACIÓN DE MAÑA MARTES AS 20.30 NA PRAZA ALFREDO BRAÑAS

MAIS INTRUMENTOS DE FOLK E GUITARRA ACÚSTICA COMPLETAN  A SÚA INSTRUMENTACIÓN
Mañá martes o "Penkito " celebra o seu segundo aniversario, e a igual que o ano pasado "Os Xeitosiños "
amenizarán esta celebración. Vasilena, filla do dono da Pizzeria,  viraos tocar no instituto e namorouse da música tradicional galega, entón aproveitando que dous dos integrantes do grupo Anxo e Miguel estaban na mesma clase ca ela propúxolles a idea de amenizar dito aniversario.
O ano pasado "Os Xeitosiños " tocaron varias pezas utilizando os instrumentos tradicionais, e dicir, gaitas, tamboril, bombo e acordeón , pero este ano farán algo diferente, engadindo tamén algún instrumento de folk , como é a guitarra acústica. Entre as pezas que van a interpretar deste xeito estarán " A rianxeira" "o galo d'ouro " e " non che quero Pepe", todas
son pezas moi coñecidas que poderemos cantar con eles e pasar desta maneira un rato moi agradábel. 
Estades todos invitados a participar neste 2º aniversario de Penkito e de seguro nova brillante actuación destes virtuosos da música como son Os Xeitosiños.

Ningún comentario: