14 de set. de 2014

A FESTA DAS ANGUSTIAS, UNHA FESTA EN ALZA.

O BARRIO DE FEFIÑANS VESTIRÁ AS SÚAS MELLORES GALAS OS DÍA 4 E 5 DE OUTUBRO.
Está claro que se hai unha festa en progresión no noso pobo esa é , sen ningún xénero de dubidas a Festa das
Angustias, unha directiva exemplar encabezada pola súa presidente María José Martinez , arroupada por un grupo de xente que non dubida un segundo en perder horas de estar coa familia para traballar por unha festa considerada a festa por excelencia do barrio de Triana. 
Este seguen a aumentar as actividades e de seguido vos expoñemos un amplo programa desta festa que empezou sendo practicamente relixiosa, para converterse todo nun expoñente nas festas cambadesas, o programa é o seguinte:
- Dia 25 de setembro, comezará o novenario na igrexa parroquial de Santa Mariña Dozo.
- Dia 2 de outubro, misa por todos os defuntos a cargo da comisión Nosa Sra. Das Angustias.
- Sábado 4 de outubro, pola mañá alborada a cargo do grupo  de música tradicional XIRONSA. Pola tarde , a partir das 17.00 horas xogos e colchonetas gratis para os nenos. As 18  h. na Igrexa de Fefiñans, misa na honra de San Xoaquín e Santa Ana. As 21.30 horas, actuación dos grupos musicais CACHÉ e LEMBRANZA, durante mesma haberá reparto de Chocolate e rosca.
- Domingo día 5 de outubro, pola maña Alborada a cargo dos grupos de musica tradicional XIRONSA e OS CARBALLEIRAS. A partir das 12.00 horas, Sesión Vermouth na rúa San Gregorio amenizadas polos citados grupos de música tradicional. As 18.30 horas, misa solemne
na Igrexa  de San Benito cantada polo Coro Parroquial Infantil. A continuación procesión polos lugares de costume, coa xas famosa peculiaridade de que a santa vai portada por mais de vinte mulleres. Ao finalizar esta,a na Rúa San Gregorio , reparto dos xa famosos “BOLIÑOS PREÑADOS e concerto da BANDA DE MÚSICA DE
CASTRELO.
A Comisión solicitada a todos os veciños que durante as festas engalanen as súas ventás e balcóns, e agradecer a todos a súa colaboración.
Aparte do Concello colabora especialmente na festa a Floreria de Fefiñans: TABAIBA.
Por certo é una Comisión de Festas de Cambados, que aparte de invitar ao alcalde, tamén invita ao resto dus grupos da oposición. Ademais  sompre contrata grupos de gaiteiros e banda de Cambados. As demais comisión de festas da nosa vila tiñan que tomar exemplo desta comisión.










Ningún comentario: