23 de out. de 2014

UNHA PINTADA DE MOI MAL GUSTO

A VECES UNHA CRITICA PÓDESE CONVERTER NUNHA ESTUPIDEZ, COMO NESTE CASO
Estes días pasáronnos as fotos dunha pintada realmente de moi mal busto. A pintada un cuestión di “PP=EBOLA”,
aproveitando que está de “moda” esta enfermidade o autor ou autores da mesma e como sempre aproveitando case con toda a seguridade o nocturnidade e aleivosía fixeron esta pintada nun sitio moi visitado,  pois queda no famosa “Ruta da Pedra e da
Agua”, unha cousa é ser críticos co PP e outra e ser estúpidos, o único que fai esta pintada e o probabelmente o adverso do que pretende o que a pintou ou os que a pintaron, que a xente precisamente se compadeza de quen se critica. Hai que ter mellor gusto e mellor humor para facer pintadas.

Ningún comentario: