24 de xan. de 2015

HOXE TODOS SOMOS DIARIO DE AROUSA

Cando se están a pasar malos momentos son os intres de apoiar a esa xente como é o caso do personal do DIARIO DE AROUSA. É certo, dende aquí mantivemos certas diferenzas con
ese  medio e con algún dos seus traballadores, pero hoxe estamos con eles porque  o merecen porque o final non fan
mais que cumprir co seu traballo, a liña editorial é outro cantar , pero son persoas que  na comarca todos coñecemos, todos tratamos, e todos temos que facernos eco das súas
reivindicacións porque eles son os que nos amosan cando outras empresas o están a pasar mal e danlle publicidade dos seus problemas e dos problmeas dos traballadores,  e do que fai falta en cada rúa e en cada parroquia, nesta ocasión son os
traballadores do propio diario  os que están a sufrir problemas económicos e nos temos que estar con eles en corpo e alma. Entre outros, grazas aos traballadores de Diario de Arousa Cambados conseguiu o cuarto xulgado
, sen a súa axuda non seria posible. Recibiron apoio de moitos do seus compañeiros de outros medios e como non do fotografo José Luiz Pereira, quen sufriu nas súas propias carnes un problema similar,  co que ilustramos este ínfimo pero agradecido acto de admiración e apoio aos traballadores de DIARIO DE AROUSA.
NON VOS PERDADES AS EMOCIONANTES  E CRITICAS PALABRAS DUNHA TRABALLDORA DE DIARIO DE AROUSA EN AROUSA TV: 














Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: