3 de mar. de 2015

BEATRIZ RICO CO GUITARRISTA GUSS MARTIN EN CONCERTO EN DISCOTECA ZAO

O VINDEIRO VENRES 6 DE MARZO ÁS 22 H. 
Espectacular concerto o que nos depara Discoteza Zao este venres a partir das 22 horas , nada máis e nada menos que  BEATRIZ RICO acompañada do guitarrista Guss Martin, un concerto que percorre as mellores cancións dos
80 e dos 90. A entrada  é a prezo módico de 5 € cunha oferta especial de entrada + consumición por 6€. As entradas
podense solicitar no telefono 616115945 ou no telefono 609583036, tamén podes mercar as entradas en Bocateria Zao ou no despacho de billetes o día do concerto. É a primeira vez que actuan en Cambados. A Apertura de portas será as 22 horas.
Beatriz Rico (44) é unha boa actriz que puido converterse nunha auténtica figura
nos inicios da súa carreira, pero que nunca chegou a selo. Iso si, nunca lle faltou traballo nin papeis protagonistas.Posiblemente faltoulle o marketing adecuado. Con todo, a ela non parece preocuparlle demasiado a súa "falta de éxito" porqué está contenta coa súa carreira, da que viviu sempre e moi ben. Agora ten varias películas por estrear e interpreta un monólogo que está funcionando e puxo en marcha o seu soño de converterse en cantante de rock.


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: