25 de mar. de 2015

“SOMOS CAMBADOS” INVITANOS A PARTICIPAR NA ELABORACIÓN DO SEU PROGRAMA O VENRES 27 DE MARZO AS 20 H.

PROGRAMA ELECTORAL REAL E PARTICIPATIVO DA VERDAIRA FORMACIÓN “POLA REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA”
Dende Somos Cambados convida aos seus asinantes, simpatizantes e a todos os veciños e veciñas a participar na Asamblea para traballar xuntos nun programa electoral real e participativo nas vindeiras eleccións municipais, e que celebraran o vindeiro Venres 27 de Marzo, as 20:00 no salón de actos de Exposalnes, no Paseo da Calzada.
Dende Somos Cambados pensan que os veciños e veciñas de Cambados temos que decidir por nos mesmos, onde e como temos que dotar a Cambados das medidas precisas para poder afrontar esta situación tan dura que estamos a vivir, con unha de cada tres persoas atopándose o borde de risco de exclusión social, onde o desemprego repunta na nosa comarca, e cun preocupante aumento ano tras ano da emigración. Entenden que hai que propoñer medidas para evitar esta situación, e que entre a suma de todos poidamos saír adiante, polo que consideran que o programa ten que ser realizado na súa totalidade polos propios veciños que sofren nas súas carnes a situación na que nos atopamos.
Entenden que de nada serve propoñer medidas nun programa electoral e plasmalas nel, e que logo nos atopemos con que non hai suficientes fondos para realizalas, como ven sendo habitual lexislatura tras lexistura, polo que entenden que o noso Programa electoral e de tódolos veciños e veciñas de Cambados, ademais de ser participativo ten que ser real. Motivo polo cal fixeron unha análise previa non so dos últimos Orzamentos de Cambados, se non tamén do resto de concellos da comarca do Salnés, e que facn publico tanto na sua paxina web coma nas redes sociais, para que cada un de nos saque as súas propias conclusións, e decidir entre todos, onde se pode aforrar cartos públicos e tamén onde se ten que aumentar a dotación orzamentaria, para que poidamos ter un programa electoral adaptado non so a realidade da situación que estamos a vivir, se non que tamén adaptado a situación financeira do noso concello e tamén a da nosa comarca.
Neste informe pódese ver como o Concello de Cambados destina partida por partida os 8.518.082,25 € de orzamento
nas distintas areas de gasto, ademais de comparalas non so o importe total que realiza en cada area co importe total que realizan en cada concello da comarca do Salnés, se non tamén cal e o custe por habitante en cada area de gasto, e polo tanto cales son as prioridades que existen actualmente en Cambados,e ademais, nos permite comprobar onde nos atopamos por riba ou por debaixo da media da comarca, e polo tanto onde debemos aumentar ou diminuír os recursos públicos destinados a cada area.
Tamén se fai un análise interno das distintas areas de gasto, e no que chama a atención que en todas e cada unha delas, agás a da débeda pública, a principal fonte de gasto sexan os custes laborais, chagando nalgún caso a supoñer a metade do investimento realizado; ou casos como o apartado de
festas populares e festexos cun importe de 367.532,44 euros, ou o dos Órganos de Goberno, que ascenden a cantidade de 228.038,08 euros aos Cambadeses, polo que nunha lexislatura estariamos roldando o millón de euros, ou o elevado custe en Enerxía Eléctrica ou Telecomunicacións, pola contra atopámonos co concello que menos inverte por habitante na area de Actuacións de carácter Económico, onde a inversión apenas chega os 6 euros por habitante e ademais de que nesta area o 44% do invertido se destine a custos laborais.
Polo que dende Somos Cambados animannos aos veciños a participar o vindeiro Venres nesta Asamblea onde entre todos os participantes na mesma estableceran un guión do seu Programa Electoral, que ante todo cremos que debe ser sobre todo real e participativo, tendo en conta na situación na que nos atopamos pero defendendo os dereitos da maioría social.

Se tedes tempo e queredes ver un estudio real sobre a situación económica do noso concello, preme na seguinte ligazón:
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI


Ningún comentario: