14 de abr. de 2015

26 DE ABRIL, XXVI MARATON POPULAR “MEMORIAL MANUEL MARIÑO CASTRO”EN OUBIÑA - CAMBADOS.

A Asociación de veciños “SAN VICENTE” de Oubiña, organiza o domingo día 26 de Abril as 11.30 h.  a XXVI Maratón Popular “Memorial Manuel
Mariño Castro” .
As organización dividirá aos participantes en nove categorías, atendendo á idade dos corredores, e unha absoluta. A carreira
discorrerá pola parroquia de Oubiña con tres percorridos: un de un quilómetro de lonxitude para os máis pequenos, outro
de dous, outro de cinco quilómetros para as categorías restantes, e un de dez quilómetros para a proba absoluta.
Premios
O memorial Manuel Mariño Castro repartirá medio centenar de premios posto que haberá recoñecemento para os tres primeiros clasificados tanto para os homes como para as mulleres en cada unha das categorías.
Desde a asociación de veciños invitan a todos a participar nunha das probas máis clásicas dentro do calendario de populares.
       A inscrición realizarase no Centro Cultural “Manuel Mariño” desde unha hora antes da proba, que comezará as 11: 30 horas ou a través do correo electrónico na seguinte dirección: as.oubinha@gmail.com.
Entre os asistentes sortearase un chandal.

Ningún comentario: