15 de abr. de 2015

GALIZAME NACE EN CAMBADOS PARA GALICIA

MERCHI ALVAREZ CREA A ASOCIACIÓN EN GALICIA PARA PARAR O AME.
O DOMINGO PARTIDO EN CASTRELO CONTRA O AME.
MERCHI BUSCA ENFERMOS DO AME EN GALICIA,
Onte tivemos a sorte de  estar no coñecido programa de Arousa si Radio Salnés “Al Fondo a la Derecha” que tan ben
presenta Iria Sanjuan, que dende aquí animamos que escoitedes de luns a venres despois do escelente programa deportivo tan coñecido xa no Salnés.  Ali tivemos a sorte de coincidir coa única, coa inigualable , coa loitadora Merchi Alvarez  para falar desta odiosa
enfermidade e facerlle entrega aos que mercaron os cadros cuxa recadación vai directa para AME ESPAÑA, Nese programa Merchi Alvarez anunciou o nacemento de GALIZAME, asociación que dende Cambados e Galicia vai loitar contra esta durísima enfermidade e coa quetodos debemos colaborar.
DOMINGO PARTIDO EN CASTRELO CONTRA O AME
O domingo 19 de abril as 17:00 no campo de futbol de Beiramar C F Castrelo xogarase un partido benefico entre o Beiramar CF ,O Portonovo SD femenino e un equipo formado por veteranos do Beiramar CF.
Todo o recaudado en entradas, cantina e donativos irá destinado á a nova associación creada por Merchi : GALIZAME.
Hai duas  formas de colaborar  ou ben pagando a módica entrada 2 euros ou entregando móviles. 
A TI MEU CAMBADOS PROPÓN POÑER UN CASETA CONTRA O AME NA FESTA DO ALBARIÑO
No mesmo programa de Radio “Chon” administrador de “A TI MEU CAMBADOS” propuxo que Merchi xestionara no Concello a colocación dunha caseta na festa mais importante na nosa vila como é o albariño, para dar a coñcer
internacionalmente a enfermidade, poñer un fotocall e recuadar o máximo de fondos posibles para GALIZAME. Coidamos que o Alcalde non porá proboemas e colaborará.

MERCHI MERCHI BUSCA ENFERMOS DO AME EN GALICIA.
Polo de agora son  dous guerreiros galegos en busca de mais guerreros galegos AME( Atrofia Muscular Espinal) Edgar e Merchi e  se alguen coñece ten ou padece esta enfermedad que se poña en contacto con Merchi ou con Marina Villar Salgado.
#EdgaryMerchi #stopAME #porunacuraAME #llegaremosyvenceremos
#STOPAME
ESCOITA AQUI O PROGRAMA DE RADIO AROUSA SI SALNES SOBRE O AME, COMPLETO:
http://www.ivoox.com/especial-stopame-arousa-siradio-audios-mp3_rf_4359815_1.html




Ningún comentario: