20 de abr. de 2015

O ARMENTEIRA C.F. UN EQUIPO CON ILUSIÓN PERO CUN CAMPO TERCERMUNDISTA

A SÚA RECENTE  CREADA WEB DA A COÑECER  AS ACTIVIDADES DO CLUB
Velentin, un home de Cambados, que actualmente está a traballar para o Armenteira C.F. contanos con que ilusión está a traballar este club  nesta tempada nas distintas
categorias nas que milita. Unha ilusión que contrasta cun campo tercermundista a estas alturas de século,  lémbranos A
Merced dos anos 50. 
Valentín tamén nos conta o lamentable estado no que están as instalacións deportivas coñecidas como “O Leixo”. Como podedes observar nas fotografías as porterías están oxidadas, así como as barandillas, que están rotas e da pena
velas. Ademais, parece ser que como teñen a canceira moi preto deles os cans abandonados moitas veces campan as súas anchas polo campo, podendo ser perigosos e facerlle dano a alguén, así como causar enfermidades xa que poden morder, mexar e defecar polo campo de fútbol. E xa postos, vemos como o concello contribúe ao feismo nacional utilizando como porta un somier!
O alcalde de Meis pasa de todo é unha vergoña que os nen@s da Armenteira teñan que xogar ao fútbol nun sitio así.
UN BLOG FUTBOLISTICO
Fai uns días o Armenteira puxo a andar un blog https://armenteiracf.wordpress.com/ onde podes consultar a histori,  o Armenteira C.F. empezou a   súa andaina alá polo ano 1995, con Xullo Serén como principal impulsor, que se puxo á fronte dun grupo de mozos que levaban anos adestrando e xogando
partidos amistosos e que soñaban con ter algún día un club que os representase. Tamén podes ver no mesmo blog noticias, galeria de fotos etc

Ningún comentario: