12 de maio de 2015

O VINDEIRO 24 DE MAIO ÁS 13 H. NO AUDITORIO DE CAMBADOS.

A ASOCIACIÓN CULTURAL XIRONSA PRESENTA A: “VENDAVALADA” UNHA
NOVA SENSACIÓN DENTRO DA MÚSICA TRADICIONAL
A Asociación Cultural Xironsa de Corvillón  ten a honra de apadriñar o
vindeiro 24 de maio ao grupo “Vendavalada” un grupo composto por cambadeses que aman como ninguén a música tradicional. Vendavalada está composta por Ramón
Vendavalada ensaiando.
Fernández, un excelente gaiteiro de Corvillón, nacido no seo da asociación Xironsa como tal e que tamén forma parte do cuarteto tradicional “Bou de Bou”. É un gaiteiro cunha refinada técnica ,  e con moito estilo, e capaz de estar tocando horas e horas sobre todo cando está a gusto. Ao acordeón está Xacobe Castro,  un mozo do Brexo, concretamente do Piollo é o único dos catro que non é de Corvillon, gran acordeonista e o único do grupo con Rosario
que non se fixo en Xironsa. Ao tamboril está un dos mellores tamborileiros da zona Luís M. Fernández  cunha técnica depurada e tamén nacido en Xironsa como o seu irmán e xemelgo Ramón. Ao bombo está un rapaz que aínda está aprendendo nisto da música pero vai por moi bo camiño, domina tamén o tamboril e practicando tamén gaita e o benxamín do grupo, tamén nace no seo de Xironsa e tamén é de Corvillón. Son acompañados a pandereta por Rosario Charlin da Illa de Arousa.
A todos  os que vos guste a música tradicional aconsellámosvos que non vos perdades , está seguro fenomenal actuación  e teredes unha nova sensación dentro da música tradicional.

Ningún comentario: