10 de xul. de 2015

PESE A TER AS ARCAS DESVALIXADAS, O ACTUAL GOBERNO CONFECCIONA UN EXCELENTE CARTEL PARA A FESTA DO ALBARIÑO.

O NOVO CARTEL DO ALBARIÑO VOLVE SER UN DESEÑO DUN VECIÑO DE CAMBADOS.
A FESTA DO ALBARIÑO CONTARA CON ACTUACIÓNS TODOS OS DÍAS E DARÁ PROTAGONISMO ÓS GRUPOS CAMBADESES
Con pouco tempo para a preparación da Festa do Albariño, o goberno cambadés xa ten organizadas as actuacións que se
celebrarán en Fefiñans durante os días festivos.
De tal xeito, o pistoletazo de saída correrá a cargo da festa Máxima FM, na que participarán varios djs de toda España, e será o venres día 24 de xullo na rúa do Pombal.

Xa comezando coas actuacións do Albariño que se realizan na Praza de Fefiñans, o mércores 29 celebrarase un Festival con grupos galegos, como Socram e Dios que te Crew.

Para o xoves día 30, como xa estaba previsto polo anterior goberno, actuarán Treixadura co seu Orfeón e acompañados polo Coro Cantigas e Agarimos.

A cabeza de cartel, que actuará o venres día 31 de xullo, será unha incognita ata o vindeiro martes, pero o que si trascendeu é que se trata dun
NOITE FECHADA
grupo internacional, do Reino Unido, e que a cita en Cambados é a súa unica actuación en España. Ademaís, o manager de este grupo tamén é o de Madonna e os Rolling Stones.

O sábado 1 de Agosto, actuarán Sofá Ambulante, Noite Fechada, e como prato forte, Mario Vaquerizo e as Nancys Rubias, que ademáis, aproveitará para grabar un capítulo da súa seríe en Mtv "Alaska e Mario".

E para pechar estos días de festas, o domingo será o turno dos grupos Mama Cabra e a Banda de Música de Castrelo.
Pregoiro do Albariño 2015, o
cineasta cambadés Juan Galiñanes
Ademais, tamén habera dúas orquestras cada día na Praza do Concello.
Este ano, como novidade, o mércores día 29, ás 13:00 haberá a lectura do pregón, que nesta ocasión correrá a cargo do director de cine cambadés, Juan Galiñanes.
A programación do Albariño deuse a coñecer esta mañá por parte do goberno local na rolda de prensa onde se descubriu o novo cartel anunciador das Festas.
NOVA RECOLLIDA DE AROUSA SI RADIO SALNES
O NOVO CARTEL DO ALBARIÑO VOLVE SER UN DESEÑO DUN VECIÑO DE CAMBADOS.
O concello de Cambados ten xa novo cartel do Albariño, trala descalificación do primeiro deseño por falta de orixinalidade.
O novo gañador, seleccionado polo xurado, é a composición de Marcos Escudeiro Vieites, veciño de Cambados, e leva por título “Rías Baixas, a ría do Albariño”.
O novo deseño foi anunciado esta mañá polo concelleiro Xurxo Charlín, que, ademáis, desvelaba o contido dunha
carta remitida pola autora do primeiro deseño.
Autor: Marcos A. Escudeiro Vieites
Lema: "Rías Baixas, a Ría do Albariño"
Marcos e un Cambadés afeccionado a fotografía  , que dende fai anos  traballa no sector do albariño.
Neste cartel reflexase  a esencia da Festa do Albariño Rias Baixas en Cambados; o albariño, e a fermosura da nosa vila das nosas paisaxes.
Un elemento típico de Cambados como é a Torre de San Sadurniño cunha fermosa posta de sol e sobre ela un cataviños coa forma das Rías Baixas  enchéndose de albariño forman un cartel sinxelo e elegante.
A imaxe das Rias Baixas enchéndose de viño  sobre un fondo costeiro, fannos pensar sobre gran importancia que ten o albariño na comarca,  e o potencial do sector.
Información recollida de Cores de Cambados

Ningún comentario: