12 de ago. de 2015

A LUIS REI, IN MEMORIAM...

DE XAN GALBÁN
Ai Luis, se ti soubeses a que montaches coa túa derradeira singladura embarcado na eterna Dorna vangardista á que sempre estabas disposto a compartillar con todos, chea de libros,de
fichas técnicas,documentacións..."a ghuardería"lle chamabas a aquel edificio que tiña mais escaleiras que o Corte Inglés pero mais aproveitado e con mais vida ca outros
sen contido coma o do Monte Gaiás,a que montaches¡.Seica andan a buscar sinaturas pra che pór no teu honor o nome teu á nova biblioteca do que fóra a casa dos Fraga,a ti,un trosko meco e en Cambados?que ironías ten a vida,canto falamos desa casa mentras preparabas a biografía de D Ramón Cabanillas con aquel manuscrito do Sanchez Peña,íntimo do Vate,onde contaba como case toda a familia puido ter sido
Foto: Diario de Arousa.
excomulgada por mercar eses terrenos á venda pola Desamortización de Mendizabal,polo tanto terreno sacro e eclesial,para facer unha casa burguesa desafiándo ao poder do antigo rexíme feudal tan presente na nosa vila,e que acabase sendo unha biblioteca pública,para os cidadáns,con cartos da venda do campo de futbol da Mercede que tamén pertenceu ao ámbeto relixioso e polos conservadores locais.Non me estraña que teñamos esa retranca os cambadeses,inda que en tí agudizada por que sabías mais,deixando tras de tí un ronsel de vilegos aos que lle despertaches a ánsia de saber e preguntarse o por qué
Foto: Faro de Vigo.
das cousas e mesmo aos duros respostábaslles,"e ti,víches o lobo meu?".Hoxe,agora mesmo,na derradeira viaxe, véxote polos areais da Lanzada,percorrer o istmo por dentro ollando como voan as aves migratorias,as carreiras que rematan nos cruceiros,surcando xa polo ár coa "Fungona",coma ti,sobor de toda a Nación para acabar en Tragove cos Rumorosos,e á noite estrelecida coma nunca o ceo chorará unha enchenta de bágoas asulagando de mar a ensenada do Bao que nunca separou Cambados dos Mecos,boa singladura IRMÁN
XAN GALBÁN

Ningún comentario: