12 de ago. de 2015

TEXTO INÉDITO DE LUIS REI:

DISCURSO DE AGRADECEMENTO A UNHA GRANDE CHEA O HABELO NOMEADO “CHALEQUEIRO”
No Entroido de 2006 concretamente o 28
de febreiro martes, a extinta comparsa Unha Grande Chea, nomeaba “chelequeiro” a Luis Rei, era o segundo chalequeiro
que se nomeaba despois do humorista vilagarciá Carlos Blanco, Luis, coa súa retranca que sempre o caracterizou agradeceuno  cun discurso, que no  día en cuestión só leu unha pequena parte, xa que a tarde amenaza choiva e había
que abreviar,  agora , e despois do seu pasamento , este texto adquire para os que estabamos ali arriba no palco un valor sentimental  e afectivo incalculable, e nunca foi publicado en ningún sitio, nin tan sequera na nosa web,  e decia o seguinte (transquribimolo tal cual o escribiu Luis): 


“Alfredo Brañas, sete da tarde.
Jrasias, obrigado, grazas, cenquiuverimoch.
Boa tarde a todos e a todas.
Fai uns días, cando vin subir
a Domínguez polas escaleiras da casa da Cultura, que agora está no Pombal e antes estaba na Rúa Nova, pero pronto vai estar no Convento, se non a levan para a de Peña… e digo eu que tamén podian alugar un Vagón do Turitrén e así non había que facer
traslado e aforraban cartos en obras, que disque a economía municipal está moi chuchada… decía que cando vin subir a Dominguez dixen para min ¡Aí o ven a pedir o palco para a praza de Alfredo
Brañas! E cando lle ía dicir que tiña que presentar unha instancia no negociado correspondente vai el e pregúntame si quero un chaleque. …E foi unha grande emoción e alegría…
En PRIMEIRO lugar así un síntese querido e
eso é moi importante, que xa dixo Ronaldo que non está a meter goles porque non se sinte querido a eso pásanos a todos, que canto menos nos queren menos metemos… goles. Seguro que si o Concello se sentise querido por Unha Grande Chea lle emprestaba o palco, pero claro andades que si
cheira que fede, que si arrecende que alimenta, que tal que cual. ¿Qué traballo vos costaba a vós cantar “lo estás haciendo muy bien, muy bien, muy bien, pero cariño no pares, tu sigue y no pares”?. Non costaba traballo ningún e no Concello tamén se sentirían queridos. Pero ala vós.
En SEGUNDO lugar este galardón emocionoume
moito porque sendo do Grove (A metade da miña familia é de Cambados, aquí estudei e aquí levo 19 anos traballando pero a maior parte dos que me saúdan dinme “que hai, do Jrove” e a min paréceme ben
porque así é o conto) Decía que non pensaba eu ter un recoñecemento en Cambados, pero as cousas están cambiando moito aquí e a cidade “en la que nadie es forastero” xa non é Coruña, empeza a ser Cambados, que ten a súa mellor (e única) comparsa dirixida por un de Palas de Rei e non é o único exemplo. Si amigos, ser de
Cambados mismo de toda la vida empeza a ser un handicap para ser alguén na High Society. Fixádevos o Alcalde é de Oubiña, e a nosa primeira dama na Xunta de Oubiña é, os indepedentes van encabezados por un de Vilariño e o candidato do Bloque ten a súa casa en Sisán (Aí pasouse)… con
este panorama disque Daporta está pensando en empadronarse no Couto de Abaixo.
A TERCEIRA razón para emocionarme é que van pasando os anos e non hai unha medalla, recoñocemento ou diploma que ensinarlle aos netos. Nesta
altura da vida un xa sabe que non vai ser un crack no fútbol, que era o que quería ser de pequeniño. Despois soña un con ser alcalde do seu pobo e pasar a posteridade cunha estatúa para que os guías turísticos lla enseñen aos veraneantes cando baixan do barco de aquavisión:
luisrei, very god major, e nada, capote. Despois empezas a mirar con envidia as capas de Adolfo Dominguez dos Cabaleiros do Capítulo Serenísimo do Albariño, pero pasan os anos e non hai capa, nin folla de ouro nin de plata nin de bronce.
(Conste que non me importa moito porque disque coa crise económica do Concello as capas agora vanllas encargar ós chinos). Pero eso: que nin futbolista nin alcalde nin
cabaleiro…E até aí todo normal, triste pero é o que hai , pero cando vé que tampouco sae nas galas de fin de ano de Telesalnés, nin é nominado para Arousán do ano… a cousa ponse chunga e empeza a desesperar. E cando, desesperado, xa pensaba en ir de público a Luar para saír na televisión, veu esto que supera a calquer
outro título ou distinción.
Jrasias-Grazas a todos e a todas.
Estábamos en que Dominguez non pediu o palco e ofreceume un chaleque eu emocioneime. Pero claro, o da emoción foi en quente, porque cando fun enfriando lembrei que o ano pasado cando lle puxeran o chaleque a Carlos Blanco, como era de Vilagarcia e alí fan a festa da agua, pois déronlle unha garrafa con cinco litros de Mondariz e digo eu, que sendo eu do Grove onde facemos a Festa do Marísco tocaráme, ademáis do chaleque, un centolo de cinco quilos. Ou, polo menos cinco cacharretas de ameixas. Unha para evitar agravios comparativos e outra porque se aos cataláns lles devolven os papeis de Salamanca a min haberá que me ir devolvendo a miña cuota parte das ameixas da Vía.
¡Vale! Pensei eu, se me van a dar un chaleque e un sentolo teño que facer un discursiño. Haberá que falar dos cheiros que é o tema estrella, pero despois acordeime do que lle dixo Mariano Rajoy aos xornalistas o día que o escolleron para xefe do PP: “Sé que ustedes esperan que diga algo de lo que todos llevan tiempo queriendo que hable, o no, pero yo debo decir lo que debo decir independientemente de si es lo que ostedes desean oir o no”.
En fin amigos e amigas, jrasias e grazas. Que vaia ben.
Luis Rei.

En fin, non estaremos equivocados se decimos que  todos e todas que estivemos en Unha Grande Chea, foi unha honra homenaxearte en vida e sempre estarás nos nosos corazóns. Que a terra che sexa leve querido e admirado Luis Rei.


P.D. O Texto,  está escrito a máquina por Luis Rei.

Ningún comentario: