14 de dec. de 2015

CON-VISIÓN DE FESTAS, PRIMEIRO DISCO DE NOITE FECHADA

O pasado xoves logo de algún problema técnico á hora de subir o disco as redes, por fin podíamos escoitar o último de Noite Fechada, CON-VISIÓN DE FESTAS. Neste disco estreanse con temas propios, dos que ademáis de compoñer as súas letras tamén son os creadores da música de case todos eles.

Neste disco contan con diversas colaboracións como a de Tucho de Heredeiros da Crus, Susana Saavedra e Paula Rego (Agoraphobia) e onde os vemos coquetear con estilos musicais que non eran habituais no seu repertorio de versións. 

Como dicíamos o pasado xoves conseguían subir o seu disco a Youtube, posteriormente tamén chegaban os seus temas as plataformas musicais Soundcloud e por último a Bandcamp.

O disco esta formado por 11 cancións, onde nos atopamos 2 das súas, xa míticas, versións: Son jallejo e Sempre os de verde. A estas 2 versións súmanse 9 temas novos, onde ademáis do Rock & Roll nos sorprénden coqueteando co Reggae, o blues ou incluso con unha Panxoliña perfecta para esta época do ano.

Por outra banda tamén podemos atopar unha nova voz cantante dentro dos compoñentes do grupo, xa que o Gus marcase o tema Telexornal onde parodian as novas do Galicia Noticias da nosa Televisión Autonómica.

Ademáis de Rock tamén os vemos desenvolverse con un estilo como é a balada, da que xa tiñan algunha versión, e que neste caso cantana co guitarrista de Heredeiros e Recambios Tucho, Antonio Novo (Tucho). Un estilo onde este grande da música galega tamén se atopa moi cómodo.

As outras dúas colaboracións proveñen do grupo Agoraphobia. Susana Saavedra canta con eles S.P.A. (Solo para Adultos) e Paula Rego, ex-batería de Noite Fechada, colabora no corte A Panxoliña de Noite Fechada. 

Para rematar, algún dos compoñentes do grupo nos comentaba estes días que no formato físico deste traballo imos ter algúnha sorpresa con algún corte que non está subido a rede e que moi probablemente faga as delicias dos seus seguidores.

Non nos queda máis que desexarlle o maior dos exitos a estes rapaces con este traballo e que teñan unha longa xira de presentación neste ano que entra. Desde esta bitacora estamos impacientes porque chegue o día da presentación en directo. 

Ningún comentario: