19/12/2015

VOU VOTAR O PP

Xa o teño claro, xa o teño decidido, foi un día duro de reflexión, pero finalmente o meu voto irá para o PP. Son moitas as razóns que me levan a tomar esta decisión, e vou a enumerar algunhas delas:

  • Sacaron ó país da peor crise económica en anos sen deixar a ninguén na cuneta no traxecto.
  • Reconduciron outra crise, a do partido, con moita man esquerda e foron quen de recoñecer os seus erros tomando decisión e en tódolos casos levando a cabo os ceses e dimisións oportunas.
  • O noso presidente Rajoy é a persoa mellor preparada do país para seguir adiante co proxecto comezado en 2011. Pasou por practicamente todos os postos públicos que pode pasar un político, de concellal a presidente, e licenciado en dereito e foi quen de sacar unha das oposicións máis difíciles a primeira.
  • A pesar da perigosa herdanza que lle deixaba o PSOE conseguirón sacar adiante a lei de dependencia
  • ...
Bueno agora xa, falando en serio, este estas son algunhas pinceladas do actual goberno deste país:

Pero por se estades dudando entre votar a estes e votar a ciudadanos informádevos, son os mesmos, pero con outra cor. Son o voto do cambio para que todo siga igual... ou peor.

Xa non falemos do PSOE eles din que queren rexenerar a política que queren ser sociales, eles, os da nocturnidade e alevosia para reformar o artigo 135 da constitución e consagrar o cumprimento do deficit por riba dos dereitos dos cidadáns do país da man do Partido Popular.

Obviamente teño o voto decidido, onte defendín o programa de En Marea nun debate público con compañeiros das xuventudes de Nós e do PSOE e mañá me veredes as voltas como apoderado desta formación nos colexio electoais de Cambados. Pero de non telo decido, teño claro que evitaría a toda costa votar a estes partidos xa que son os que queren que todo siga como ata o de agora.

Engadir finalmente que votedes a quen queirades, pero votade, porque como citaba onte ó finalizar o debate Eduardo Apariz Chaves: 
"Jóvenes, votad, porque si no votáis, otros lo harán por vosotros... y lo harán en vuestra contra"

Ningún comentario: