13 de xan. de 2016

Comeza a lexislatura do cambio... Comeza a gran mentira

É ben certo que este blog esta feito para falar en torno a realidade cambadesa, pero non son capaz de deixar pasar o día de hoxe sen falar do asalto a democracia que tivo lugar entre onte e hoxe. Este gran asalto a democracia, esta gran mentira, vémola representada nun home xoven e ben parecido, o xenro que queren para si tódalas nais, Albert Rivera. Este barcelonés é capaz de dicir a mesma cousa e a contraria en menos de 2 minutos. Podedes comprobalo no podcast da súa entrevista con Pepa Bueno esta mañá en "Hoy por hoy" a partir do minuto 5, onde primeiro nega a posibilidade de que as coalicións entre as que se presentou Podemos as xerais teñan grupo propio xa que son o mesmo que Podemos, para logo dicir que un goberno con 11 forzas sería ingobernable. Entre estas 11 forzas fala de En Marea (para el, como para moitos, malchamadas "Las Mareas"), Compromís... É dicir, que primeiro di que son o mesmo que Podemos para 1 minuto despois dicir que son outra cousa.


Neste senso cabe pararse para dicir que a negación do grupo parlamentario a estas coalicións é o acto antidemocrático máis grave que recordo neste estado nos meus máis de 30 anos de existencia. Negarlle a voz no congreso a máis de 2 millóns de votantes que fixeron que ditas coalicións conseguiran ese dereito nas súas respectivas circunscripcións faise difícil de dixerir para os demócratas.

Por outra banda é moi preocupante para os que querían co seu voto promover o cambio e, o parecer, equivocadamente llo entregaron ó PSOE (os máis) e a Ciudadanos (os menos) ver que os seus representantes chegaron a un primeiro acordo co partido da corrupción, co partido dos recortes, co partido en definitiva, da vergonza, para constituir a mesa do congreso ou (no caso do PSOE) deixar fóra da mesa Senado a Podemos para darlle entrada o PNV con moita menos representación que o primeiro nesta cámara.

En definitiva parece que estos primeiros coletazos da lexislatura indican que nos diriximos a teatralización do cambio para que nada cambie, o gran pacto da humillación da democracia entre PP, PSOE e Ciudadanos... O gran pacto de estado para o cambio e o mesmo tempo conseguir que nada cambie, o gran truco final que todo ilusionista quere conseguir.

Probablemente en vindeiros artigos analice a actitude nas redes sociais dos simpatizantes de PSOE ou BNG que parecen empeñados en ver o inimigo en Podemos en lugar de velo no PP. Digo esto dos primeiros porque parece que viron peor que acudira Bescansa co seu pequeno o congreso a que o fixera en soidade e no grupo mixto Gómez de la Serna, por outra parte parece bochornoso para todos os galegos de esquerdas a celebración por parte dos simpatizantes dos segundos cando se confirmou que En Marea se quedaba sen grupo parlamentario propio. Para min ambos son fenómenos dignos do programa de Iker Jiménez.




Ningún comentario: