21 de xan. de 2016

EUROVISIÓN , PLURINACIONALIDADE E O CEMITERIO

Vai ser que a pluralidade é o que está de moda,namentras á contra coma as valanzas que contaba Cabanillas no periódico de primeiros de século "El Cometa" os peixes pesan mais en Cambados que nos concellos veciños, polo tanto estas dúas correntes dánse ao mesmo tempo, un nun plano máis cercano e outro intervén decididamente no ámbeto internacional.





Así, temos a paradoxa de que este ano os Eurofáns teñen que elexir entre seis cancións selecionadas por TVE que representarán a Spaña!! oficialmente no concurso europeio, pero, hai algunha en catalán? en euskera? acaso en galego? non,non; que aínda non goberna PODEMOS e o español é a língua mais internacional... en latinoamérica, por que o que é en Europa! Ben, pero temos das seis, tres son en español e as outras tres... en inglés! En inglés da pérfida Albión? representando a Spaña? que broma é esta? si aínda goberna o Mariano da corrente ideolóxica de Así es Cambados "¡vaites vaites que vosotros, los de TIno Cordal trajísteis a un cantante que interpetraba en inglés en la fiesta do Albariño cuando sois mas de gaitas que lo sabemos todos!" claro que sí oh! no totum revolutum, da política actual nunca se acaba o vello e non dá renacido o novo, por que os dous conviven á vez, e non depende de idades, nen tan sequer de xeracións para superar os prexuizos ideolóxicos atávicos que non levaron nunca a nada, senón interiorizar o evidente e aceptalo con naturalidade que non é mais que visualizar a plurinacionalidade do Estado,a diversidade da península dende o respeto ás nacións que temos a cidadanía xurídica española, por que o contrario é a independéncia, é a resposta política dos povos que se sinten afogados cando non vén outra saída, como agora pasa en Catalunya, pasará en Euskadi cando veña a bonanza económica e nós, a velas vir. 

Soio así se entendería con rutina que Spaña mande cancións en inglés por que xa houbo anos anteriores onde o galego estaba na canción gañadora daquel ano, por que foi a mellor competíndo en Stokolmo, lembrades? Está todo por facer e parece todo feito. 

Hai espranza, en Cambados, nunha asemblea aberta á veciñanza cunhas duascentas personas votaron por unanimidade, que o cimeterio fose municipal,vai ser que alí acabamos todos incluso os do cuartipartito, esos rojos.

XAN GALBAN


Imaxes: El País, Faro de Vigo, Diario de Arousa

Ningún comentario: