10 de xan. de 2016

O CONCELLO DE CAMBADOS VAI PROCEDER A REVISAR AS MINUTAS DO LETRADO QUE CONTRATOU ARBITRARIAMENTE O ANTERIOR ALCALDE PARA ACLARAR CAL É O IMPORTE DA DEBEDA PENDENTE AO RECLAMAR NOVOS PAGAMENTOS

O concello de Cambados recibiu este venres a notificación por parte do avogado que representou en varios litixios dende o 2008 o concello de Cambados unha factura por importe de 8.270,84 €, correspondentes a minuta de honorarios dun Contencioso Administrativo de 2008. En concreto tratase dunha factura emitida polo letrado J. Carlos Palmou Cibeira con despacho na localidade da Estrada, correspondente o Procedemento Ordinario 7837/2008, seguido ante a Sección 3ª da sala do Contencioso Administrativo do TSXG, en virtude dun recurso presentado por unha familia de Cambados, o cal finalizou por sentenza o 30 de Setembro de 2010 desestimatoria do recurso e no que se lle reclamaba o concello de Cambados máis de un millón de euros.

Esta factura ben a sumar as xa presentadas por este letrado por litixios comprendidos entre o 2007 e o 2008, e que a día de hoxe ascenden a un total de 122.870,93 €, cantidade desorbitada se temos en conta que a súa contratación non foi feita mediante ningún tipo de proceso público ou prego administrativo, se non de forma verbal e arbitraria, emitindo na maioría destas facturas reparo a Interventora municipal xa que esta contratación foi feita sen cumprir a lexislación vixente polo anterior alcalde, o non facer ningún tipo de prego ou proceso de contratación pública e exceder o importe e o prazo para ser considerado un contrato menor.

Cabe mencionar que este letrado é fillo do anterior Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia durante varias lexislaturas e que tamén foi Secretario Xeral do Partido Popular de Galicia, Don Xesús Carlos Palmou Lorenzo, ademais de que en Cambados hai varios letrados capacitados para levar este tipo de litixios, polo que non entendemos a necesidade de contratar arbitrariamente de forma verbal a un letrado que nin sequera e veciño de Cambados, e so podemos entender este tipo de contratacións por parte do anterior rexedor por afinidade política co familiar directo do letrado, ou como din os Italianos, “Se non é vero, é ben trovatto”.
Outra das cousas que chaman a atención nesta relación mercantil entre o letrado e o concello de Cambados, é como unha minuta por un contencioso administrativo do 2008 con sentencia en 2010, pretendese cobrar no exercicio 2016, e unha vez consultado con varios técnicos municipais que traballaban no concello nesa etapa, informóusenos de que se chegara a un acordo verbal, xa que en dependencias municipais non se atopou copia do mesmo, entre o letrado e o anterior alcalde para que estas facturas de tan elevado importe foran cobradas e facturadas en varios exercicios, xa que en caso de ser estes importes cobrados nun so ano, e ao contar con reparo da interventora municipal, poderían causar algún tipo de alarma social o facerse pública as altas cantidades facturadas por litixios comprendidos entre so dous anos, 2007 e o 2008.

Unha artigo de Xurxo Charlín Trigo concelleiro de Economía, Facenda, Comercio, Industria e Promoción Económica

Ningún comentario: