9 de xan. de 2016

O ENTROIDO ARRANCARÁ EN CAMBADOS CON UNHA HOMENAXE A UNHA GRANDE CHEA

O vindeiro 5 de Febreiro Cambados reparará unha débeda histórica cos compoñentes desta comparsa que durante anos moveu e lle deu vida a un entroido cambadés que a corporación de goberno anterior parecía empeñada en destruir e desarraigar do noso pobo. 

A iniciativa naceu pouco despois do pasamento de Chon e partiu de familiares e excompoñentes da "cono-sida comparsa" e contará coa participación de varios grupos cambadeses ademais de asocacións tanto de música tradicional como de percusión. Obviamente tamén servirá como homenaxe a el.O vindeiro 5 de febreiro terá lugar en Cambados un acontecemento que de seguro para moitos debería terse producido hai anos, pero que tivo que esperar o cambio na corporación municipal e a perdida dun dos membros máis destacados desta comparsa. 

A idea inicial conta con un pasarrúas a cargo de Xironsa e Olodum do Coio que chegará ata a praza de Alfredo Brañas onde dará comezo a homenaxe, que consistirá na participación de diversos grupos cambadeses onde ademais dos temas propios tocarán versións das letrillas máis coñecidas. Aparcen destacadas as confirmacións de grupos consolidados no panorama cambadés como Noite Fechada e outros emerxentes como Leda Atómica e Cabina 402. O evento contará con máis actuacións que iremos confirmando nos vindeiros días e obviamente será cerrado por membros da comparsa que cantarán os seus temas favoritos para facer as delicias do público cambadés. 


No caso de que o clima non sexa propicio para facer a homenaxe o aire libre, o plan B será a discoteca ZAO local vencellado a historia da comparsa, sobre todo nos últimos anos de actividade onde se celebraron varios festivais.


Os organizadores tamén queremos aproveitar o evento con un fin solidario e durante o mesmo haberá unha mesa habilitada para a venta de camisetas que levarán impreso o famoso chaleco que utilizan os compoñentes deste grupo durante a festa do Albariño e os fondos recadados irán a beneficio de Galicia AME.

O evento aínda non está pechado, pero os interesados en participar do mesmo de calquera das formas posibles (patrocinio das camisetas, participación no concerto...) non deberían deixar pasar os días para comunicárnolo a organización.

A organización espera unha gran afluencia de xente e que todos os que acudan, o fagan co disfraz que lle pete, aínda que é obvio que nos faría moita ilusión que tivese relación coa percorrido desta histórica comparsa/asociación.

Medios a través dos que vos podede poñer en contacto inicialmente:

  • Facebook de Xaquin Chon Charlín
  • Correo-e atimeucambados@gmail.com
  • Contacto directo con calquera dos organizadores pricipais Domin (pai e fillo) ou mesmamente o que aquí escribe.



Ningún comentario: