09/02/2016

1435.2 GRAZAS

Vaia noite a de aquel día... Foi para min moi especial todo o vivido na noite do venres, dende o inicio ata o final. Un quedase mudo, sen verbas tras comprobar coma un pobo se volcou nunha homenaxe e nunha causa. A homenaxe a unha comparsa que marcou un antes e un despois no noso pobo e a causa a loita contra o AME cunha recadación de1435,20 € nunha soa noite. 

Imposibel sería esta recadación para GaliciaAME sen o patrocinio de Eduardo e a súa empresa Corredores do Noroeste e Imposibel sería que todos os grupos brilaran como o fixeron sen o son de Vilas.

Para cerrar, decir que me gustaría agradecer o Concello de Cambados, pola súa disposición dende o primeiro momento para colaborar coa homenaxe, acabando así co menosprezo tradicional da corporación cando esta era gobernada polo Partido Popular a este colectivo.

A continuación, deixovos co discurso que me gustaría tervos ofrecido o venres e que foi a medias debido as presas provocadas polos nervios.


"Como podedes ver esta homenaxe vai dedicada a comparsa, pero tendo moi presente o recente pasamento do meu pai. E algún preguntaredesvos como se nos ocurriu esta liada. A idea desta homenaxe, nace crece e chega o seu climax no lugar onde o ser humano ten as súas mellores ideas, onde naceu UNHA GRANDE CHEA, nos BARES. Nace no Encontro en Barrantes, crece no Germán e chega ó día de hoxe, a praza de Alfredo Brañas, a praza das terrazas, onde pensamos pasar unha gran noite de música e risas. 

O primeiro agradecemento que quero dar, vai adicado a Domin Pai e Domy Fillo, xa que con eles arrancou todo e a Richard porque e ese puntal que toda boa organización necesita. Sen eles todo o que ides a ver hoxe non sería posible. 

En segundo lugar agradecer a tódolos grupos que participan de xeito desinteresado na homenaxe coa súa versión particular dun tema de Unha Grande Chea e despois nos deleitarán con temas propios. 

Por outra banda, dar as grazas a tódolos patrocinadores que colaboran con este acto.

Por último, pero non menos importante, agradecer o apoio do Concello de Cambados que colaborando como o fixo nesta homenaxe, o meu parecer e o de moitos cambadeses, repara un agravio histórico do concello a esta comparsa. 

Para os que non sepades o que é UNHA GRANDE CHEA, dicirvos que foi unha importante comparsa que animou os carnavais cambadeses durante varias décadas e que foi culpable do mantemento durante moitos anos do enterro da sardiña (...) e que tivo moita culpa do crecemento do martes de Entroido a partir do ano 2000 no noso pobo (...). Engadir que neste carnaval, celebrase o 31 aniversario da Unión Fevosa, logo Coño Sida Comparsa e posteriormente, a partir do 87 se coñecería como UNHA GRANDE CHEA. 

Sen máis recordarvos que nesa mesa de aí, podedes comprar o pack de camiseta e CD conmemorativos do acto importe que irá integramente a asociación Galicia AME e animarvos a desfrutar dunha noite na que esperamos que bailedes, riades e cantedes con todos nós. 


VI VA ESPAÑA! VICKS VAPORUB!!!"

Ningún comentario: