04/02/2016

CARTA ABERTA O SR. LUIS ARAGUNDE.

Un artigo de Antonio Padín, Funcionario e representante da U.X.T. no Concello de Cambados



 En primeiro  lugar, quero  presentarme: Eu son o funcionario do concello de Cambados  do que vostede  falou hai uns días  nos xornais , onde dixo  na súa nota de prensa,  que son o secretario  e o chófer da alcaldesa.  E , cando digo nota de prensa,  penso  que xa estou sendo  xeneroso de abondo, en  verdade

Fala  vostede, que estas tarefas  as fago  porque a alcaldesa  non posúe  carné de conducir.  Si  vostede, que ten tempo libre  de abondo, se  mergullase  un pouco polas redes  sociais,  seguro  que  se sorprendería.   Mais, non é a miña intención falar do carné de ninguén, entre outras cousas, porque non me interesa en absoluto, non é ese o tema.

O asunto que me trouxo até aquí e outro ben distinto. Mire: Nos xornais  ironiza vostede    sobre a posiblidade de un  presunto  pago de  favor a un funcionario.  E, o  mais sorprendente, é que o dí   como  si fora fumar un pitillo.  E, por riba,  o fai como voceiro de un grupo político   Manda truco! 

Penso  que debería vostede explicar  este asunto:  Que clase de favor é ese?  Quen  paga o favor?  Quen o recibe? En que consiste?  Agradeceríalle  que falara ben claro e sin reviravoltas,  pois esta en xogo a  miña reputación  coma funcionario e, simultáneamente, tamén a   de vostede . Ou non se decata?  A ver si  estos favores dos que  fala, han ser coma  o carné de conducir de Fátima Abal, quen , según vostede, non o posúe.

 A verdade é que esperaba  un pouco mais  de  vostede , Sr. Aragunde ; cando menos, un pouco mais de altura de miras; un pouco mais de rigor pola súa parte;  algo mais  de respeto polo personal que traballa nesta Casa. Acaso pensa  vostede que está en poder da verdade absoluta, e pode  falar a eito?  Seica, en nome da superstición política,  se pretende  levar o matadoiro a dignidade humana?  Ou será  que  tivo  vostede    un designio divino …?

Mire: Todo  esto,  llo di un funcionario, un traballador do concello  que , despois  de trinta anos de traballo continuado e, debido a  unha eiva  física,  fun  examinado por un tribunal médico , o cal  emitiu un dictamen  que  é vinculante para a administración  pública, e tamén  concluínte. Lóxicamente non hei entrar no contido por ser cousas conficenciales, mais por  este motivo estou a  realizar  tarefas  de tipo administrativo, non de chófer nin outras paxaradas  como vostede asegura.  Asi que, despòis da aclaración, lle rogaría que, antes de facer  evaluacións  preconcebidas  sin ningún tipo de argumento , antes de empregar a demagoxia  e a propaganda, antes de enarbolar a bandeira da suprema sabiduría  e falar barato; en definitiva, antes de opinar nos medios sobre a situación laboral de un empregado,  primeiro, infórmese; despois, opine.  Ainda que, visto o visto, de  vostede xa non me sorprende nada, Sr. Aragunde.  As súas historias son paverísimas  desde logo e, si lle digo a verdade,  penso que, quizais, algún xa ten tema para o entroido.  E, senón, tempo o tempo…

Reciba  un saúdo.

Ningún comentario: