09/02/2016

UNHA GRANDE CHEA OU A CRÓNICA DUNHA COMARCA

Agora que leo na prensa a defunción de Blanca Boveda, compi daquel grupo de futbol do cal fixeran un documental de grande éxito de crítica e público que se titulara igual ca o equipo protagonista "Dejadnos Vivir", así, coma documento escrito ficarán para a historia de igual maneira coma unha hemeroteca máis, as letrillas da comparsa "Unha Grande Chea", relatorio humorístico dunha época que xa pasou e que moitos vivimos en primeira persona. 

A historia escrébese dende diferentes puntos de vista e as fontes poden ser do mais variopintas, confrontadas e analizadas polo estudoso, daránlle unha idea aproximada do estudado, polo tanto para chegar á verdade non hai mellor cousa que saírse do estandarizado que ofrecen os medios de comunicación e os documentos oficiais.

Crónica dun momento na ria de Arousa, na beira do Salnés onde o mar é o grande protagonista co estraperlo, logo contrabando de tabaco e finalmente narcotráfico con letrillas mesmo non escritas ,as ilegais onde "ao pé de Santomé vive nuestro amigo Laureano, en un humilde chalé" con música de "nuestro amigo Marco" ou "legal legal nadie é legal" e o enterro do Camello ficando a praza do Concello chea de fariña, e os Contra-bandos. Ao mar adicouse unha ben exitosa como a do Castelete "Corvillón-San Mighel", "isto non é Cangas nin é Allaris, se non levas o caldeiro vánche dar no narís" e o Tirado desía polo altavós "ide para o Castelete que vos defendemos nós" cando o que estaba a pasar era que as de San Miguel escomezaban a coidar o marisco, que logo fixeron o mesmo en Cambados, pero como eran dous Concellos diferentes, o PP, ave de rapiña onde as haxa, aproveitou o momento, en contra do que opinaba a CONSELLERÍA DE MAR do mesmo partido, enfrentando a familias e mesmo unha mariscadora perdendo un ollo, agora ben, ao PP doulle alcaldía para moitos anos. 

Como non, a sátira política formaba parte fundamental da comparsa e non quedou ninguén con peso político sen retratar, do goberno-himno Spañol e da oposición-himno galego, mesmo no inicio tivera sido ao revés. Chegou a comparsa a ser educativa con letrillas e enterros onde os preadolescentes caían na conta de para qué se usaba un condon, e mesmo en que aparato se puña, o "póntelo, pónselo" cobraba sentido. Por suposto,coma en todo antroido que se preze de sélo, a Eclesia Romana, que non o sentimento relixioso, tamén tivo o seu, co Cemiterio e Reboredo, e en especial, un personaxe totalmente diana desa xeración coma era o Cura-párroco, ex-confesor do Dictador, co "holocausto socialista" e a letrilla ilegal, non escrita "que bonitos ... tienes, debajo desa sotana" "Ai tucho, grande de Spaña, tienes engañado al pueblo, desde el bloque hasta el PP". 

Son moitas as almas que formaron a lexión da "UNHA GRANDE CHEA" pero faltaría á verddade se non destacase a catro personaxes básico, a Domin, por que sostiña a alegría e o humor, e mesmo a orden, a Chon por que o daba todo por que fora adiante, a Pintado o carpinteiro, por que cando unha letra non saía dáballe a gracia que lle faltaba, a Salvador o fico que leva o antroido no sangue sacándolle puntilla a calquera circunstáncia, e a Mon "o de Adela" que choiaba mais ca ninguén e en pleno antroido facendo as carrozas e os enterros. Xa vedes, a colectividade era tan fundamental coma as individualidades e eu aprendín coma en ningún sitio.


Xan Galbán

Ningún comentario: