16 de mar. de 2018

POR QUE HAI QUE IR Á MANIFESTACIÓN DOS PENSIONISTAS?



- Porque o merecen, despois de anos de traballar arreo en épocas históricas moi dificiles como a postguerra e o franquismo. Eles levantaron o país que hoxe temos. Déronnos cando non había nada e agora o goberno do PP ignóraos.

- Porque non lles regalamos nada, son os cartos que foron pagando ao longo da súa vida coa suor da súa fronte.

- Porque así o  manda a Sacro Santa Constitución que di o rei que hai que cumprir.



- Porque diñeiro si hai: para Florentino, para gasto militar, para rescatar bancos e autopistas, para pensións vitalicias de ex-políticos, para pagar mordidas, para soldos de diputados, senadores, asesores, viaxes, dietas, coches oficiais de alta gama....

- Porque hoxe son eles e mañá seremos nós

- Porque se o Estado que nos exprime a impostos non é capaz de asegurarnos unha vellez digna, para que queremos o Estado?

Por todo isto e máis, NON FALTES Á MANIFESTACIÓN DE MAÑÁ!!!

EN CAMBADOS, DIANTE DO CONCELLO, 
ÁS 12:30 HORAS

Ningún comentario: