Un veciño pídenos que difundamos as fotos do acceso á Fundación Manolo Paz
A
fundación é un referente cultural no noso Concello, acuden en autocar
moitos escolares e turistas e non estaría mal que se lle dera un repaso,
con vistas á temporada de verán. O pavimento que tén arrastrao a
chuvia facilmente, sobre todo os tramos en pendente. Habería que buscar
unha solución que non interfira coa lexislación de medioambiente que
afecta a esta zona
Aquí
empeza a pista que leva á Fundación, nas proximidades da bodega de
Condes de Albarei e pola que poden entrar autobuses. Vese ben como se
estreita considerablemente e o firme está deteriorado. Tampouco o cartel
de Fundación está moi visible (anque esto depende da Fundación supoño)
Máis adiante remata o asfalto, o material é menos consistente a as chuvias arrástrano
Dito queda
Ningún comentario:
Publicar un comentario