28 de xan. de 2012

LUIS ARAGUNDE AVALA UN CONCURSO MACHISTA E MISOXENO ORGANIZADO POR ZONA CENTRO

A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro volve sorprender "co seu enxeño" á hora de poñer en marcha campañas para premiar a fidelidade dos seus clientes en datas especiais. Nesta ocasión, será por San Valentín cando regalarán ceas con barra libre no Parador de Turismo aos mellores piropos subidos ao seu perfil na rede social FacebookXunto a eles compareceu o alcalde, Luis Aragunde, para representar o constante apoio ofrecido polo Concello ao sector comercial, apoio que non
reciben cando se trata de estar en contra do centro comercial de Vilanova entón é cando Aragunde “se fai de Cobas” e Marcos Gonzalez “faise de Muros” . O rexedor, inexplicablemente,  animou aos cambadeses a sumarse e "xerar ilusión e alegría entre todos" nun momentos tan difíciles que, por outra, parte, apuntou, "obrígannos a todos a agudizar ou inxeño máis que nunca". E nos decimos non será posible xerar alegrias sen facer un concurso mixoseno e machista.

Pero saben realmente Marcos Gonzalez e Luis Aragunde o que é un piropo: Que é un piropo? É unha palabra ou frase que un home lle di a unha muller que non coñece (non hai relación afectiva de ningún tipo) e para maior gravidade, en público. Por incomprensible que pareza, o home que di o piropo non lle importa nada que a muller descoñecida que o recibe non lle pedise opinión (ela debería sentirse afagada de que un home avalíe o seu físico en público) e/ou que a ela poida incomodala o dereito que el se outorga, ou, mesmo dada a violencia de abuso sexual de homes cara a mulleres no mundo, aterrorizala. Non lle importa nada porque hai dúas clases de persoas: o home, e por debaixo, a muller, que existe para servir ao home, esto o parecer é o pensamento de Marcos González e do noso Alcalde Luis Aragunde, e diaria mais eu coido que todos os populares, por certo pensamento herdado do franquismo.

A expresión do afecto, do recoñecemento de beleza na outra persoa nada ten que ver coa cuestión do piropo.

O feito de que o tema dos piropos estea tan definido respecto ao sexo de quen o di e quen o recibe é un dato importante que apunta á evidencia de que a situación en que unha persoa avalía publicamente o corpo doutra é produto dun sistema patriarcal machista, segundo o cal os homes, por ser homes, teñen un dereito, consolidado por unha tradición de séculos, sobre as mulleres: o de avalialas (en especial o seu físico) publicamente, sen consideración a se a elas pode ou non apetecerlles oír esa avaliación.

Non credes que é máis que suficiente para criticar a práctica dos piropos a razón de que a unha persoa (muller, para estes casos) poida non apetecerlle saber que pensan dela persoas (homes, para estes casos) que non coñece? A xente machista (recalcitrante) isto non o comprende. Non comprenden que esta tradición poida e deba cuestionarse, ou se queira que é un dereito de homes e mulleres rexeitar esa situación.

É machista "piropear" a unha muller porque a muller non che pediu opinión sobre o seu corpo, e polo tanto, é ilexítimo que se lle impoña escoitalo. As mulleres non son corpos expostos para a avaliación dos homes, son persoas. O sistema machista, non obstante, ensínanos que as mulleres son persoas só mentres acepten  estar ao servizo doutro grupo humano, o dos homes; ou sexa, que son persoas de segunda clase (como concibiron filósofos como Platón e Aristóteles ), cunha función decorativa importante e de recipiente para o desafogo sexual, que deben aceptar sen chiar o que aos homes lles apeteza facer con elas, como por exemplo, sen coñecelas, dicirnos cousas pola rúa que a miúdo aluden ao seu desexo sexual.
Que haxa mulleres que desexan que os homes lles digan piropos (se é que as hai) non é unha razón que xustifique a práctica, que é, un dos "simpáticos" bastións do machismo máis misóxino. É un problema que habería que traballar, para librarse del. Abonda que cambiemos os papeis: un home si entendería que ten dereito a protestar se xente da rúa vai dando a súa opinión de se lles gusta o seu corpo e sen coñecelo sequera.
O exemplo que neste caso lle queren dar Marcos González e Luis Aragunde os nosos nenos é lamentabel, eu coido que  a xente do ensino tamén debia levantar a súa voz e protestar contra esta clase de lamentables concursos.


 http://www.youtube.com/watch?v=QXYV3wO59UA&context=C377cdabADOEgsToPDskLZtMvPv9MNS9w6JmBHY-_e


A NOVA EN FARO DE VIGO.

      
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.




Ningún comentario: