12 de ago. de 2015

OS SALINIENSES EN XERAL E OS CAMBADESES EN PARTICULAR NUNCA LLE FALLAMOS A ESPERANZA SALNES, IMOSLLE FALLAR AGORA?

CROWDFOUNDING A PROL DESTA ENTRAÑABLE ASOCIACION
A asociación de axuda ao discapacitado Esperanza Salnés segue explorando vías para recadar fondos, a última é Internet. A asociación acaba de iniciar unha campaña de
«crowdfounding» -captación de fondos a través da rede- «co obxectivo de intentar paliar a difícil situación económica pola que está atravesando a entidade e conseguir fondos para poder iniciar o curso 2015-2016 con garantías», segundo o xerente da entidade, Augusto Chaves. E é que, tal e como
explicaba a semana pasada, a asociación está coa auga ao pescozo. Como máximo, ten diñeiro para funcionar ata novembro e os apoios institucionais non acaban de concretarse. Ademais das cotas dos socios, a súa principal fonte de financiamento son as axudas da Deputación de Pontevedra e dos concellos. O goberno de Cambados xa anunciou que incrementará a súa achega a Esperanza, pero con isto non chega. «E como a día de hoxe a axuda da Administración aínda está no aire, decidimos acudir á colaboración cidadá e á iniciativa privada», apuntan desde a asociación. O número de conta para realizar as achegas é É03 2080 5414 68 3040108244 de Abanca.
A MÚSICA COMO ALIADA
Á espera de como funcione esta iniciativa, Esperanza continúa solicitando financiamento por outras vías. Hoxe recollerá o donativo polos concertos dos Xoves de Códax na adega Martín Códax e o venres terá unha mesa na Praza do Concello de Cambados para a venda de rifas aproveitando o concerto da Cámara Lenta e Modestia Áparte e a celebración da Feira de Oportunidades.
Nova recollida de “A Voz de Galicia”.

Ningún comentario: