Iste domingo 27 de maio a gran serpe multicor da LNB invadirá dende pola mañán ó lusco e fusco o xá mítico estadio con campo de terra de Conxo ( Compostela ) . o teu palán , o teu alento e pulso firme son necesarios polo que esteñas donde esteñas e faigas o que faigas contamos contigo para impulsar e difundir ista poderosa acción totalmente autoxestionada pola Liga Nacional de Billarda para despois
de toda unha tempada de accións conxuntas por todo o pís adiante vestir ó coroceir@ nacional nunha impactante e alebrestrada cerimonia de indixenismo galaico,
de toda unha tempada de accións conxuntas por todo o pís adiante vestir ó coroceir@ nacional nunha impactante e alebrestrada cerimonia de indixenismo galaico,
- Sesión de maña:
11:30 : final nacional feminina
12:30 : final nacional por equipas
Xantar a pé de pista
( picnik billardeiro pola soberanía alimentar - millo corvo de premio para a mellor tortilla anti-española )
-Entregarase tamén a lingua de xato pertancente ó explosivo concurso jingles radio musica en galego -lnb
- Sesión de tarde:
16:30 : Final nacional de varados
17:30 : Final nacional absoluta ( saque de honra polo ciclista galego ezequiel mosquera )
Moito máis ca un deporte , a LNB de xeito paralelo ás finais nacionais activará un delirante abano de actividades paralelas conducidas polos anti-comunicadores de radio cabalinho , a inclasificábel emisora oficial que transmitirá as finais a pé de pista combinando na súa delirante emisión a mellor e máis rabiosa música galega cos diparos a discreción dos palanadores e palanadoras na pista nista gran muiñada billardeira de conxo...billarda sempre , adiante play off nacional!!
http://ovaral.blogspot.com - 619.570976
f - o varal billarda >> http://www.facebook.com/profile.php?id=100002445023094&ref=ts
t - hashtad oficial do play off nacional >> #finaislnb2012
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
1 comentario:
Posta de sol en Fefiñáns,os barcos están barados na riveira para os arranxos importantes do ano,o contador de fFENOSA non para de competir coas gaivootas ensordecedoras do lusco-fusco;un camión pasa cheo de túnidos cara a Vilagarcía cada media hora,e algunha furgoneta fabricada en Vigo que para a tomar os chatos na de Emiliano o chosco,e os rapaces non paran de xogar á Billarda na pesa temporal dos camións carregados de pedra para Tragobe,e cada certo tempo mais cedo que tarde unhas nais advertían aos rapaces"cidado coa billarda que vades perder un ollo"pero ninguén coñecía un caso directo;ao lonxe berraban"jalejaaaaandrooo,jalejandriiiiiño"coma o reloxo de cuco do paxariño,era hora de liscar para a casa
Publicar un comentario