12 de maio de 2012

VECIÑOS DA MODIA DENUNCIAN PERANTE Á POLICIA LOCAL DE CAMBADOS A “CALCIFICACIÓN” DO ANTIGUAO PINAL DE MAZA.

Os causantes dos destrozo do Pinal

Hoxe varios veciños do entorno do tristemente coñecido como “Pinal de Maza”, onde todo un concelleiro de Cambados, e o Delegado da Xunta en Pontevedra, é dicir Juan Ramiro Gómez Blanco e José Manuel Cores Touris están a obrar sen licencia “con todo o morro”, denunciaron perante a Policia Local de Cambados a contaminación dos seus domicilios con un "polvillo",  branco, non se sabe se tóxico,  que estaba botando un camión no “Pinal de Maza”, os veciños vironse alarmados nun principio  xa que foron invadidos dunha sustancia que nin agora saben o que é, suponse que están a calcificar a terra, pero é só unha suposición. Esta xente segue a ter tanta cara dura que non se corta un pelo a hora de facer as cousas, esperemos que a Policia Local tome
medidas o respecto e entregue o oportuno informe ou ateigado no lugar correspondente, porque tende claro os cambadeses que hai xente que vai fiscalizar tanto a labor dos concelleiros como da Policia Local hoxe no “Pinal de Maza”. 


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: