30 de xuño de 2012

BENITO PELEA “CAGADO” RETIROU A QUERELA CONTRA COSTA

Acabamos de ler no blog dos rañeiros que Benito Pelea retirou a querela conta Costa alegando que "O noso aVogado dixo que iamos perder unha chea de tempo con iso, e que ia supor moitos gastos, e por esa razón o cabildo acordou retirar a denuncia", non sabe disimular este Pelea, o que realmente pasou e que se cagou polos pantalóns porque
veuse co a auga no pescozo el e personal da confradia afin a él, a pelicula segundo o avogado Alberto Muñoz, letrado do querelado é a seguinte: 
Todo nace cunha nova que sae publicada na Voz de Galicia o día 2 de febreiro de 2011, a que Costa e o grupo de oposicións fan unhas claras manifestacións acusando a Pelea dunha serie de actuacións moi graves se realmente foron realizados por un cargo público. Despois de case un ano Benito Pelea presenta unha querela en xaneiro do 2012 somentes contra Costa por un presunto delito de calumnias, esta seguiu os seus trámites ata que o avogado Alberto Muñoz entra en acción, en base a “exceptio veritatis” que é unha figura regulada no artigo 207 do Código Penal na que o acusado, neste caso Costa, quedaria exento de toda pena probando o feito criminal que se lle houbera imputado entón para demostras o letrado do que se lle acusaba o seu defendido e dicir de manifestacións tan graves para Pelea como:
"Os vogais da xunta xeral que se aglutinan ao redor de Manuel Costa Trigo xa pedían á consellería que realizase unha auditoría «ante a caótica situación creada pola existencia de fondos económicos públicos depositados en contas privadas".
"Un dos membros da xunta xeral presentou a súa dimisión e que o patrón maior ocultou esta información aos órganos de goberno da confraría". 
Pasa no concello e na Deputación o que pasa na confraria?
"Que investigue as consellerias os traballos efectuados pola empresa Pelea C. B. para a confraría «dado que é unha boa forma de encubrir un diñeiro que en dietas non podía recibir», din en alusión ao patrón maior. E abundando no papel que desempeña Benito González, repróchanlle que use «fondos sen control» e faga uso do vehículo que lle corresponde na súa calidade de presidente da Federación Galega de Confrarías «para todo tipo de eventos".
"Que as lanchas de vixilancia son utilizadas para labores alleos á confraría como é a vixilancia de bateas. «Por este servizo entregábanlle ao patrón maior un total de 3.000 euros mensuais que os destinaba, en parte, a pagar un plus aos vixiantes, 200 euros en concreto individualmente, facéndose efectivo tras a firma dun recibí" 
"O patrón maior xamais deu explicacións do porqué destinou os servizos de vixilancia para vixiar bateas, nin como pactou o servizo e que facía co diñeiro». Costa afirma ser testemuña dunha destas entregas de diñeiro e pregúntase: «como un servizo auspiciado economicamente con diñeiro público úsase para beneficio privado»". 
"Unha persoa cobre 600 euros mensuais «sen ningún tipo de contrato» por desempeñar as funcións de conserxe."
Como vedes son acusacións gravisimas contra o Patrón Maior de Cambados Benito Pelea, evidentemente Benito para defender o seu honor presentou a querela pero no contaba co que xa dixemos antes a “Exceptio veritatis”, entón o avogado Alberto Muñoz pediu unha serie de probas no Xulgado como por exemplo a declaración da Secretaria da confraria Paula Abal, a declaración dun empregado da confraria, que Nova Caixa Galicia dixera a nome de quen estaba a conta B e as cantidades ingresadas na mesma e unha serie de documentos a confraria que a puxo patas arriba, e claro ante todo isto non hubo mais remedio que retirar a querela ben aconsellado seguramente polo sou asesor xuridico. De todos os xeitos que Pelea non fique tan tranquilo, por douas razóns fundamentais, unha toda esa proba ainda se pode pedir na querela que tamén ten en trámite contra Carlos Martinez e Paul Rial e outra que o abogado segundo o blog dos rañeiros e segundo el mismo nos aseverou, acaba de anunciar unha querela contra Benito Pelea e non se sabe si contra alguen mais polas irrgularidades denunciadas polo equipo opositor que o retirar a querela o Pelea, vense cargados de razón para ir “a por el”. Como di unha frase categórica “O que cala outorga”, E Benito acaba de encher de razón o equipo opositor e o avogado Alberto Muñoz.
Quintana valederoa de Pelea.
Doutra banda este blog vai pedir autorización ó letrado Alberto Muñoz para publicar as gravacions que se fixeron nun pleno do Cabildo onde Benito Pelea e Paula Abal, e que foron aportadas como proba polo letrado Alberto Muñoz,  recoñecen unha serie de irregularidades, que conste que non digo delitos –isto está por demostrar- digo irrgularidades, que deben estar en coñocemento de todos os cidadáns de Cambados para ver como as gasta o noso Patrón Maior, a todo isto se non se me adianta o blog dos rañeiros, como fixeron con esta nova. Amigos,  na confraria de Cambados hai tomate e Alberto Muñoz, avogado do equipo opositor vai encargarse de amosalo. E coido que o intre de organizarse a oposición e ir a por Pelea, porque realmente está contra as cordas. 
                           
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario: