7 de xuño de 2012

IMAGINE 2

Permitideme que abuse novamente da vosa inasgotabel imaxinación, e vos fale outra vez dun concello imaxinario da nosa ria, imaxinadevos unha imaxinaria asistenta social dese concello, imaxinadevos que é rubia esa asistenta social,  imaxinadevos que o seu nome empeza pola imaxinaria primeira letra do abecedario, imaxinadevos que pide nese concello unha imaxinaria reducción de xornada para coidar a unha señora imaxinaria que vai nunha imaxianaria cadeira de
rodas, imaxinadevos que é axudada para facer esa petición por un imaxinario asesor xurídico que gaña o mes mais de tres mil imaxinarios euros, imaxinadevos que o imaxinario alcalde  desa imaxinario concello, concedelle esa imaxinaria reducción de xornada e imaxinadevos, agudizar agora a vosa imaxinación,  co 100% do soldo, imaxinadevos o escándalo existente nese imaxinario concello. 
Imaxinadevos que todos os imaxinarios funcionarios e empregados dese concello fixeran o mesmo, o imaxinario alcalde concederialle a todos esa imaxinario 100% do soldo?. Imaxinadevos que se denunciaría a ese imaxinario alcalde por un imaxinario delito de prevaricación por parte duns imaxinarios sindicatos que teñen coñocemento do tema. Imaxenadesvos o escándalo que seria en calquera concello que non estivera gobernando por un imaxinario goberno popular. Grazas pola vosa imaxinación  e dende logo que seguiremos imaxinando mais cousas. Imaxinadesvos que podemos contar así moitas cousas deses imaxinario concello, sen que o imaxinario asesor xuridico poida facer nada contra estas imaxinarias acusacións.
                             
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: