Bernardino Quintanilla e Ernesto Zarate crearon o que é hoxe a festa máis popular de Cambados
O primeiro concurso do viño Albariño tivo lugar nunha das comidas que se celebraban cada mércores na casa das irmás Quintanilla Álvarez, en cuxa mesa, sempre ben servida e
atendida, compartíanse as exquisiteces da súa cociña e na que non podía faltar a presenza dos deliciosos caldos albariños que, nese entón, cultivábanse de forma artesanal, sendo un verdadeiro deleite e pracer para o padal de cada un dos comensais a degustación deses viños. Bernardino Quintanilla e Ernesto Zarate crearon o que é hoxe a festa máis popular de Cambados
atendida, compartíanse as exquisiteces da súa cociña e na que non podía faltar a presenza dos deliciosos caldos albariños que, nese entón, cultivábanse de forma artesanal, sendo un verdadeiro deleite e pracer para o padal de cada un dos comensais a degustación deses viños. Bernardino Quintanilla e Ernesto Zarate crearon o que é hoxe a festa máis popular de Cambados
![]() |
Quintanilla e Zárate |
Convén, xa que logo, recordar que a orixe do concurso do viño albariño produciuse nunha das habituais comidas que, todos os mércores de cada semana (salvo casos de forza maior), realizábanse na Casa das Irmáns Quintanilla Álvarez (Pepita Manuela, Ramona e Maruja) persoas de inesquecible recordo para cantos tivemos a honra de habelas coñecido e de compartir con elas as exquisiteces da súa cociña e da súa mesa, sempre ben servida e atendida, na que non podían faltar os deliciosos caldos albariños que, nese entón, se viñan a cultivar de forma artesanal, pero que era un verdadeiro pracer e deleite para o padal.
![]() |
Quintanilla |
A memoria dos homes adoita borrar ou deixar no esquecemento a aquelas persoas que, dada a súa condición e a súa calidade humán e por non haberse erixido en protagonistas, consentiron que outros gozasen dos loureiros do que eles concibiran e que, deixando de lado aos verdadeiros artífices e pais da sengular criatura e que non son outros que Don Bernardino Quintanilla Alvarez e Don Ernesto Zarate. Para eles que, en moi contadas ocasións tivose unha frase de eloxio, un recordo ou unha mención de gratuidade e cos que, o pobo de Cambados tan fidalgo e señorial, ten unha débeda pendente de recoñecemento para quen se lles debe unha cumprida homenaxe, nunca merecido como corresponde, neste caso concreto, e que debe inmortalizar o seu recordo e dedicalo a quen concibiron a idea e son os auténticos pais da Festa do viño Albariño de Cambados.
Para os que lean esta pequena colaboración, en recordo daqueles cambadeses que foron os verdadeiros pais da criatura, non o saben, hei de manifestar que “A orixe da festa do Albariño foi e tivo o seu alumeamento (como xa deixo dito) nunha desas comidas que cada mércores se celebraban na Casa das irmáns Quintanilla", encima do que hoxe é o local que ocupa a sucursal da Caixa de Aforros de Pontevedra e que, na parte do norte do baixo, achábase o resto do que, no seu día, fora Casino de Cambados. Así, nese piso e nese inmoble, naceu o "Concurso do Viño Albariño". Que como o sei? Pois moi sinxelo; porque son o único que pervive de quen sentaron, ese día e ese mércores á mesa, na casa das irmás Quintanilla e na que facía de anfitrión o seu irmán Don Bernardino que acudía, desde Vigo, todos os mércores do ano para atender aos seus clientes, como avogado, e, ao mesmo tempo, para compartir mesa e mantel con algúns dos seus numerosos amigos e baixar, logo, ao Casino a xogar a partida de dominó que (como se di no argot da curia) era preceptivo o xurala.
![]() |
Manuel Abalo |
Recordo que ese mércores, cuxa data non podo precisar, achabámonos sentados á mesa das irmáns Quintanilla, o seu irmán D.Bernardino (Avogado e anfitrión), D. Ernesto Zárate (Propietario colleiteiro), D. Joaquín Álvarez Lores (Perito Agrícola), D. Francisco Reverter de Lujan (Notario de Cambados) e o que subscribe, degustando as excelencias da cociña que dirixía Pepida Quintanilla, ben servida e regada, para a súa goce, por un delicioso viño albariño elaborado polo propio D. Bernardino con uvas procedentes dunha finca pequena que posuía en Areas de Tragobe e que, por non ser un terreo de extraordinaria calidade, como el mesmo dicía, daba ou producía o mellor viño albariño.
Este feito non o admitía D. Ernesto Zarate que se vangloriaba de cultivar o mellor albariño da zona, procedente do seu finca de Padrenda e polo que, ao non porse de acordo ambos sobre quen era o que tiña mellor viño ou cal deles era o de mellor calidade, debeuse facer unha especie de concurso de viños, pero no que se admitía a participación doutros caldos albariños doutros propietarios colleiteiros, para poder comparar as calidades e determinar cal era o mellor de todos eles, pero sempre na crenza de que sería un dos viños, por eles cultivado, o que saíse triunfante no evento, ben fose o de Quinatanilla, ou ben o de Zarate, pois ambos eran uns bos caldos. Aquí é cando chega a sorpresa.
A idea fraguouse nunha partida de dominó.
![]() |
José Rodiño, primeiro gañador da Festa do Albariño |
En canto á organización da primeira festa que naceu no Casino de Cambados, lugar no que, xogando a partida de dominó con asistencia de D.Manuel Silva (avogado), D.Joaquín Álvarez (perito agrícola), D.Francisco Aguiño (militar) e D.Bernardino Quintanlla, así como os o miróns de quenda dos que recordo a D.Juan Rivas e D. José Gómez Pomares (Procuradores), D. Juan Salgado (avogado) e outros, aos que se lles deu a coñecer a idea xurdida na comida e foi compartida por todos representantes, co fin de elixir o mellor viño.
Para celebrar o acto, contouse coa colaboración de moitos cambadeses, de imborrable recordo, que puxeron todo o seu empeño en organizar unha merenda-cea que se celebrou na horta que había na parte posterior da vivendá do Procurador D, Luís Fariña, e cuxa organización correu a cargo de D. Joaquín Fole, axudado dos seus máis achegados amigos e compañeiros.
![]() |
Fole |
Pero recordo, iso si, ao moi ilustre escritor D. Alvaro Cunqueiro entre os que foron expresamente invitados, sen imaxinar, "ningún dos asistentes", que algún día chegaría a ter a importancia e repercusión do que hoxe é a Festa do Albariño. Confiamos en que o siga sendo no futuro, pero sen esquecernos daquelas persoas ás que se debe o nacemento dun feito tan importante para a Vila de Cambados e a quen confío réndaselles un cumprido e merecido recoñecemento que faga perdurar o seu recordo.
Manuel Joaquin ABALO OZORES , avogado nado en Vilanova. Publicado en Faro de Vigo o 11 de Agosto de 1998. (Manolo Abalo segue sendo hoxe en día o único perviviente que vive este histórico momento).
![]() |
Cunqueiro |
Ningún comentario:
Publicar un comentario