17 de xul. de 2012

CAMBADOS: OS FUNCIONARIOS DOS DISTINTOS ESTAMENTOS UNENSE PARA PROTESTAR CONTRA OS RECORTES POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA

Funcionarios do Centro de Saude, Inem, Concello, Xulgados, etc, chegaron a un acordo para concentrarse unidos  diante do concellode Cambados o vindeiro día 19 de xullo de once a once trinta horas en protesta polos brutais recortes salariais
que está a facer o goberno do PP. Estas movilizacións son complemtanrias a gran manifestación que vai ter lugar simultaneamente en Burela, A Coruña, Ferrol, Lugo , Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo e Vilagarcia de Arousa onde saldrá a manifestación a partires das 21 horas tamén do día 19 diante da casa do mar da devandita vila, que convocan os tres grandes sindicatos de Galicia, CIG, IGT e CC.OO. 
En principio todos os sindicatos aconsellaban concentrarse diante da porta dos centros en cuestión pero despois de varias comunicación intercentros chegaron o acordo de manifestarse todos xuntos para así facer mais forza. É a primeira vez na historia que todos estes estamentos se unen para protestar. Os funcionarios están cansos de perder poder adquisito e sobre todo si o recorte valera para crear mais postos de traballo ata o verian ben, pero o malo é que vale para todo o contrario, por que,  que van facer moitos comercios de Cambados e dos demais pobos de Galicia sen a paga extra de nadal dos funcionarios , pois etre iso e a subida do I.V.E. pechar as súas portas. Os convocantes invitan tamén os comercios e o resto da poboación a unise a este xusta  protesta. 

Ningún comentario: