9 de xul. de 2012

LUIS ARAGUNDE DA POR PECHADA A POLÉMICA SOBRE A ESTATUA DE FRAGA EN ONDA CERO.

En declaracións realizadas hoxe a Onda Cero Pontevedra, a alcalde máis mintereiro da historia de Cambados, Luis Aragunde, dixo textualmente a este medio: “Eu dou por pechada a polemica e xa se falou todo o que se tiña que falar. Para nos (o PP) esto  (o tema da estatua)  está superado”.
 Tamén dixo o trolero de Aragunde que se está abrir estes días unha conta por parte dos viticultores  para recaudar os fondos necesarios para sufragar a estatua de Manuel Fraga., "pese a polémica que se quixo crear polos grupos da oposición". 
Está claro que Luis Aragunde non se entera da misa a media o que iniciou esta serie de reivindicacións en contra de instalar un monumento a un fascista foi o  espazo web www.cambados.tk, os grupos politicos foron a remolque desta iniciativa ainda que o BNG foi o que o levoa a sede oficial o tema nun pleno.  Tamén dixo Pinocho Aragunde que esa escultura está mais que merecida e que Don Manuel Fraga , fixo moito por Cambados. O mais curioso das declaracións referentes a estatua é que a Aragunde sorprendeulle a pólemica  “Porque non tiña sentido”.  
Aragunde está convencido que van sacarse moitos mais cartos dos necesarios xa que ”son moitos os que se achegan para donar” e recalcou que incluso unha persoa está disposta a poñer o que falte. Tamén nos deixou outra perla Aragunde para tapar a súa mentira dixo “Co tema da polemica hai xente que non quere  sair a relucir e que foron eles (os viticultores) os que iniciaron a actividade da estatua”. Preto da súa ubicación ainda non o dou por seguro, é moi probable que a estatua vaia en Pazo Torrado. A entrevista  empeza no minuto 13.15 e remata no minuto 16.54, no que se refire a estatua de Fraga, antes e despois fala doutros temas, eso si do Piunal de Maza a entrevistora nin unha pregunta.
Como vedes volve a mentir mais incluso que Pinocho, segue na súa teima dos viticultores, eu non sabia que os seguidores mais recalcitrantes do PP se  lles chamaba agora “viticultores”. 
Aqui tedes a entrevista completa: 

Más audios en Onda Cero

Ningún comentario: