2 de xul. de 2012

POLEMICA NA CARREIRA DE CAMBADOS POLO PRIMEIRO CAMBADÉS CLASIFICADO

O ourensán Alejandro Fernández Rivera é o atleta máis en forma de Galicia e onte corroborouno en Cambados inscribindo o seu nome no palmarés de vencedores tras imporse con autoridade nunha carreira na que tomaron a saída
630 corredores, dos que 614 chegaron á meta tras cubrir os 10 quilómetros do percorrido urbano por diversas rúas da vila.
Alejandro Fernández chegou en solitario á meta con medio minuto de vantaxe sobre o compostelán Pedro Nimo, que aguantou o ritmo do ourensán ata metade do percorrido. O mejicano Crisanto Grajales completou o podio e Rubén Caamaño foi cuarto tras un sensacional sprint con Elías Domínguez.
A carreira foi moi vistosa polo deseño do percorrido e pola numerosas presenza de corredores chegados desde todos os puntos de Galicia, e tamén doutras comunidades e ata países, cun grupo de triatletas mexicanos que se están preparando para os Xogos Olímpicos. No primeiro paso por meta ían na cabeza Alejandro Fernández, Pedro Nimo e Crisanto Grijales pero na segunda volta rompeu o grupo e Alejandro puxo terra polo medio, diferencia que foi ampliando ata o final.
O Cambadés MIGUEL DAPORTA
Preto do primeiro cambadés clasificado xurdiu certa polemica, e nacida no seo da prensa arousá, efectivamente Diario de Arousa daba como primer cambadés claificado a Miguel Daporta namentras que organización e a Voz de Galicia deron a Yayo Daporta como primeiro cambadés. A organización alegou  textualmente o seguinte:””O primeiro cambadés foi Yayo Daporta e o segundo Xoixe. Miguel Daporta é el o que elixe correr por Poio, así que ningunha discusión.””. Eu,  o meu criterio,  ainda que corra en Poio,  Miguel sido sendo cambadés, non por correr noutro equipo deixa de selo. Diario de Arousa decia textualmente o respecto: “Miguel Daporta foi o primeiro cambadés acabando nun magnífico posto 18 (34´37´´) e Yayo Daporta foi o segundo dous postos máis atrás (34´45´´).
A veterana Esther Pedrosa foi a primeira muller en cruzar a meta sendo a gañadora en Veteranas B, do mesmo xeito que Juan Manuel Méndez en homes. En Sénior venceu Águeda Ofelia Branco, por diante de Sara Castelo e Diana Carolina Oliveira. Iago Morenza e Iris Soto venceron en xuvenís, mentres que en Veteranos A impuxéronse Elías Domínguez e Inma Rodríguez. Guillermo Gómez gañou en Veteranos C. 
Preto da miña participación personal dicir  que  empeorei respecto do ano pasado no que fixen  49´34´´, este ano a marca foi de  51´32´´ . esperemos mellorar para o ano, ate o de agora levo corridas as 4 edicións e espero correr polo menos as catro seguintes. Preto da participación de Chon Jr. dicir  que fixo un marca discreta 44´07´´, pero dicir no seu descargo que fixo unha preparación moi pobre, premendo AQUÍ podes ver o gráfico da súa carreira.



VIDEO DA  VOZ
CLASIFICACIÓN XERAL DA CARREIRA


Ningún comentario: