13 de xul. de 2012

A QUE SE DEDICAN OS EMPREGADOS DOS MUSEOS DE CAMBADOS?

Hoxe chegoume unha confidencia dunha persoa  empregada dos museos  de Cambados, e dixome que denunciara o caótico funcionamento dos Museos na nosa vila. Dixome que no Museo do Viño de Cambados hai empregadas once persoas das cales só están ali con habitualidade e cumpren o
seu traballo duas persoas o resto  non van por ali a case  nada. Onde están estas persoas que están a cobrar do concello de Cambados? esa é a gran incognita, a data de hoxe 13 de xullo agás o museo do Viño os demais museos de cambados están pechados, e mais dixome incluso que un dos empregados dun dos museos a veces non vai nin a traballar, sin que ninguen teña ningún control sobre o mesmo. 
Contoume tamén que están mandando moitos turistas de volta por escasez do personal, sobre todos nestes dias que o tempo non é moi bo a xente adicase a visitar museos. Fai uns dias publicabamos neste mesmo espazo que os museos de Cambados son altamente defitiarios e si por riba a trece de xullo erstán todos pechados menos o Museo do viño o déficit ainda pode ser maior. Esta misma persoa diciame que a veces ata se ven con dificultades para realizar actos porque o personal do museo está “missing”. Están a facer outros traballos que non lle corresponden como por exemplo dar agua nunha carreira deportiva?.A gran incognita que debe resolver o noso Alcalde e que están a facer estes empregados públicos que segundo a miña confidente non están non seu posto de traballo. 

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Así vamos!!!! E non me estraña nada de nada...

Anónimo dixo...

unha filla miña estuvo traballando dous meses fai certo tempo no museo do viño, menos labouras axeitadas os seus coñecementos fixo de todo, desde ir os recados, fregar copas, limpar...non cobrou nada, nada de nada e lembro que os seus comentarios sobre o personal iban na mesma dirección, escasa presenza, rigor mínimo etc. Xa que esa persoa confidente acordou dar un paso para manifestar tal situación quero deixar constancia do meu malestar e indignación co concello, coa forma de malgastar diñeiro público,de non saber sacar rendemento dos edificios feitos para promocionar o noso pobo e a nosa cultura, e sobor de todo de usalos ditos inmobeis para colocar a diestro e siniestro a "achegados". Penoso de verdade. Estamos a padecer algo terrible...OS NOSOS IMPOSTOS EN LUGAR DE SERVIR PARA FACILITAR GASTOS, MELLORAR INFRAESTRUCTURAS, CREAR EMPLEO,ABARATAR E MELLORAR EDUCACIÓN , SANIDADE ,INVESTIGACIÓN ETC. SIRVEN PARA PAGAR A DEUDA DOS RICOS BANQUEROS QUE ÑE SALIRON AS COUSAS O REVÉS E O MAIS TRISTE SERVEN PARA PAGAR A ESTES POLITIQUILLOS CHEOS DE CAUSA PENDENTES COA XUSTIZA E OUTROS QUE O PRIMEIRO QUE FAN O CHEGAR O CONCELLO E POÑERSE UN SUEDO (po lo carallo entran a traballar co sueldo que tiñan antes, que para eso teñen a sua praza en excedencia, e darñe a mallores as dietas e gastos de representación)E NON FALEMOS DOS CHUPADETODO QUE OS RODEAN QUE SON CAPACES DE TODO POR UN POSTO ACHEGADOS OS SEUS MENTORES. A SOCIEDADE NECESITA UN CAMBIO RADICAL,HAY QUE MENTALIZARSE QUE A ESTE PASO SÓ NOS QUEDA QUE SAIR A CALLE EN FOLGA XERAL INDEFINIDA...¡QUE ESTÁN A MEXAR POR NOS E DIN QUE CHOVE!

Tito Fariña dixo...

Chon..o de atender o avituallamento nunha proba deportiva coma sucedeu na anterior edicion do 10.000m de cambados non deixa ser eloxiable por facelo de maneira voluntaria, e non soamente o de repartir agua,senon atender a entrega de dorsais,proporcionar avituallamento soido,colocar o valado na saida - meta e outros menesteres.
Independientemente das ideoloxias politicas de cada un,agradecerlle a todolos voluntarios que axudaron nesta proba (xubilados,mariñeiros,empregados municipais,autonomos, e demais) que gracias a sua colaboracion estase a conseguir que o 10.000m de Cambados sexa un referente a nivel Galego.

Anónimo dixo...

Es de pena, para qué van a abrir los museos si la cultura no interesa promocionarla? Es lógico que el museo que suele estar abierto sea el del vino...no son nuestros políticos de la zona los propietarios de muchas bodegas? En fin... de peniña.

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Querido e estimado Tito: Estou completamente dacordo co teu comentario, pero esqueceste dun pequeno detalle querido Tito, é que todos os empregados do concello cobran horas extras ou gratificacións por participar na proba. Eu nos demais voluntarios opino coma ti pareceme loable sempre que sexa voluntario e insisto nos empregados do concello non é o caso. Grazas por participar
e de todos os xeitos se queres facer algunha contestación ou artigo sobre a cuestión ou sobre calquera outra cosa tes este blog a túa disposición. Grazas.

Anónimo dixo...

Querido e estimado chon,eso de que todos os empregados do concello cobran horas extras ou gratificacions e mentira.