5 de xul. de 2012

UNHA IMPRUDENCIA QUE PUIDO RESULTAR MORTAL

Hoxe fun testemuña presencial da imprudencia de sabe Deus quen o sair de traballar. Eran as 20.05 da tarde cando o pasar pola Praza de Asorey procedente do Xulgado,  vexo unha parella de forasteiros paseando con dous nenos, un deles , o que se ve na foto, inocentemente tocoulle a farola pero tanxencialmente, e esta caeu fulminada o chan rompedose o foco, sorte que non colleu o rapaz nin a ninguen debaixo senón deixario “frito”, pero o mais grave de asunto e que me achego
a base da farola e vexo, como tamén podedes ver vos na imaxe que está pegada con cinta americana, incrible unha farola duns cen  kg. de peso pegada a súa base por una cinta americana, como se pode ver na súa base a mesma está totalmente oxidada. Un concello non se pode escudar na crise para pegar unha farola con cinta americana, mentres no concello hai contratados que sen facer case nada cobran mais de 3000 euros de soldo. O mellor de todo é que non pasou nada, pero tiñades que ver a cara de susto do rapaz.


5 comentarios:

Anónimo dixo...

Incrible vamos,sera que non teñen nin pa soldar,cinta americana,estilo mcgiber.

Anónimo dixo...

CONFIRMADO, O MANTEMENTO DO CONCELLO DE CAMBADOS E KAFKIANO, ¿NON SE PODE DENUNCIAR O ALCALDE COMO INCOMPETENTE QUE É? ¿NON SE PODE BOTALO FORA A ÉL E OS SEUS ADLÁTERES? ESTO É DEPRIMENTE PERO DEFINE AO CEN POR CEN A FORMA DE ARTELLAR AS COUSAS EN ESTE POBO NOSO ¿¿CHAPUCEIROS, LADRÓNS,SINVERGONZAS!!!

Anónimo dixo...

ahora xa sei porque nos suben tanto os impostos... CABRÓNS TODOS OS DO CONCELLO, IMPRESENTABLES...¿e que non hay quen denuncie a toda esta tropa de sinveguenzas e impresentables?

Anónimo dixo...

Vai camiño de convertir Cambados nuha vila de cartón-pedra

Anónimo dixo...

E que esperades si os que gobernan non sirven,e os que traballan son uns palanquins,e que nin gobernando outro grupo politico ai solucion,e un cancer que esta a estendido e non ten maneira de curalo.