31 de xul. de 2012

VÉN A FACER DE ESTATUA PARA AMOSAR O TEU REXEITAMENTO Á ESTATUA DE FRAGA!

www.cambados.tk   avisanos que se  concentra as  12.30 nas vieiras do parque para repartir pegatinas e falar de como organizarse
O mércores 1 de Agosto, ás 13 horas e coma todos os anos, os políticos inauguran a Festa do Albariño no Paseo da
Calzada. Arredor da 1 o alcalde, algún conselleiro e outros asesores-concelleiros-cargos cortan unha cinta e durante uns minutos a comitiva popular dá unha volta polos stands.
A  idea de www.cambados.tk  é que xusto ao cortar a cinta e mentres eles paseen polo entorno, os participantes da protesta fagan de estatuas humanas ao longo do Paseo. Sen moverse. Pode ser individualmente ou en grupo. Pode ser representando unha estatua que exista ou unha imaxinaria, ou simplemente quedándose conxelados. Podes levar “complementos” ou deixalo todo á imaxinación.
Pedíselle  aos participantes que vaian cunha parte de arriba branca (para darlle algo de homoxeneidade ás estatuas) e repartiranse unhas pegatinas co logo da acción. Tamén teran  uns sinais para colocar a carón de cada “estatua” co título da mesma, se procede, e o motivo real da protesta.
Trátase de non quedar quietos ante a falta de consenso e de transparencia que ocasiona a actitude do Partido Popular no Concello de Cambados. Diante deles, de xeito pacífico (até pasivo) pero firme. E tamén de facelo sen danar a Festa do Albariño nin o propio sector, ao que tamén de paso pedimos maior contundencia logo de que foran utilizados polo Concello como excusa para poñer a citada estatua.
Cando se dea por rematada a acción, quedará inaugurada para todos a 60º edición da Festa do Albariño e celebrarémolo, como non, tomando unha copa do mellor viño branco no Paseo da Calzada.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Iso que pretendedes facer é unha falta de respeto para os empresarios, comerciantes, hosteleiros e demais habitantes de Cambados que podan sacar beneficio da festa máis importante a nivel turístico do pobo. É unha vergoña o que os túristas podan pensar do noso pobo "TAN DEFENDIDO POR VOSTEDES". O meu verdadeiro pobo, CAMBADOS.